O NOVO CENTRO VIEIRO UNHA REALIDADE PARA OS SEN TEITO

Fecha: 13/11/2017

As instalacións foron bendicidas polo arcebispo de Santiago

 O arcebispo de Santiago monseñor Julián Barrio, bendixo as instalacións de Centro de Atención Social Continuada “Vieiro”, de Cáritas Diocesana de Santiago, situado na rúa Carretas, onde se prestará unha atención maior tendo en conta as caracteristicas das novas instalacións, cuxas obras se fixeron con motivo do ano da Misericordia e como signo de compromiso diocesano coas persoas sen fogar Durante a súa intervención monseñor Barrio sinalou que “trátase dun  proxecto, sinxelo nas súas formas pero moi significativo na pretensión de subliñar a dignidade da persoa”.  Pola sua parte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo dixo que Cáritas realiza una traballo fundamental  “un axente imprescindible para unha política social real e efectiva”

Placa conmemorativa

Despois da bendición, monseñor Barrio descubriu unha placa conmemorativa co seguinte  texto: “Esta casa construíuse con motivo do Ano dá Misericordia  e como signo do compromiso diocesano coas persoas sen fogar. Foi inaugurada polo Excmo. Arcebispo de Santiago de Compostela  D.Julián Barrrio Barrio”. Contén así mesmo un texto do papa Francisco

No acto inaugural participaron tamen o alcalde Santiago, Martiño Noriega e a representante da Diputación da Coruña, Ánxeles Franco.

O director  de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño Rañó, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes e suliñar, nun breve parlamento, as razón e motivos para a construción deste novo centro así como as axudar recibidas para facer a obra. Comentou que tivera  un sono de dipoñer du novo centro para as persoas sen fogar  e que grazas o arcebispo agora o soño “convetrtiuse nuna realidadde”, agredecendo a colaboración da Xunta e Diputación de A Coruña , así como  a doazon de unha persoa de Santiago, “todos eles fixeron posibles que agora dispoñamos destas instalacions”.

A deputada provincial da Deputación da Coruña, Ánxeles Franco, agradeceu o traballo desenvolvido para atender ás persoas que máis o necesitan. Sinalou que nesta casa víanse reflectidos todos os veciños da provincia da Coruña.

O acalde Santiago, Martiño Noriega destacou que   con estes dous novos edificios dábase un importante  servizo para atender ás persoas que non teñen un fogar  mellorando as instalacións das que se dispuña de Costa Vella. Agradeceu o traballo que desenvolven os axentes de Cáritas  e reiterou a colaboración municipal para axudar a estes colectivos de desfavorecidos.

Política de inclusión social

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o labor das entidades sociais para tecer a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o necesitan.Nesta liña, resaltou e agradeceu o importante labor solidario e de loita contra a pobreza que Cáritas realiza, referíndose a esta entidade como “un axente imprescindible para unha política social real e efectiva”. “

 Ao longo da súa intervención, Feijóo asegurou que o Goberno galego seguirá traballando polos máis desfavorecidos desde unha tripla perspectiva: apoiando aquelas entidades que loitan contra a exclusión social a pé de campo, desde a contorna máis próxima a quen sofre, duplicando nos últimos tres anos o importe das axudas para entidades sociais.

Para o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núez Feijóo é moi importante seguir incidindo na política de inserción e inclusión social como haca Cáritas. Indicou que o executivo para o ano 2019 aumentará un 9% as partidas destinada a este fin. Constatou o traballo que se leva a cabo en Cáritas,  sinalando que cada euro que se entrega á institución “rendibilízao ata tres veces  no tema sociais”.

 Vivir na rúa

O arcebispo monseñor Barrio recordó que a iniciativa  foi un proxecto, “froito da preocupación caritativa e social da Igrexa diocesana xestado no Ano Xubilar da Misericordia, en continuación co que viñamos facendo xa”. Cosniderou que “as persoas están chamadas a dignificar os lugares e os lugares tamén contribúen a dignificar ás persoas”.

Ao referirse a as persoas sen fogar falou da necesidade do  achegamento a elas. “Se non as vemos non podemos recoñecernos nelas nin tomar conciencia da dignidade que nos une e iguala como seres humanos”, constatou. Insiste en que “ás veces vemos para observar pero non miramos para actuar e facer viables os  dereitos das persoas”. Só desta maneira, sinala, “podemos recoñecer que a súa dignidade é a nosa e que nós tamén nos dignificamos como persoas a través dos demais”.

O prelado menciona que con frecuencia atopamos nas nosas rúas a persoas sen teito, “vítimas de problemas persoais: desemprego, desestruturación familiar, ou marxinación social”. Referiuse a a realidade das persoas sen teito como un chamamento á conciencia e unha esixencia a pór remedio. “É unha emerxencia social-di- que debe levarnos a ser sensibles ao sufrimento que supón vivir sen fogar”. Como subliñou noutras ocasións, “ninguén escolle libremente vivir na rúa. É posible que os habituamos a vivir así”.

Nas últimas palabras agradeceu o traballo das persoas contratadas e voluntarias que colaboran neste proxecto e deu a cordial benvida aos usuarios desta casa.

Os edificios   

As obras realizadas dotan as instalaciones dunhas mellores prestacions para desenvolver nelas a atención das prdosas.O traballo a desenrolar nestas novas dependencias persegue a atención de situacións de exclusión social severa, cun carácter de atención socio-sanitaria, persoas sen fogar, problemáticas de adicións e a enfermos de VIH- Sida e as súas familias.

O inmoble, cedido polo Arcebispado de Santiago de Compostela, está situado na rúa Carretas, 27 de Santiago, consta de dous edificios separados por un parito interior.

O edificio principal dispón dunha superficie de 273 metros cadrados, distribuídos en planta baixa, planta primeira e planta segunda.

Planta baixa: Recepción; áreas de servizos (taquillas, duchas e aseos); área de convivencia (espazo multiusos para servizo de calor e café);ascensor .

Planta primeira: área administrativa;área de convivencia ;planta segunda:Actividades formativas e talleres

O edificio de aulas conta cunha superficie de 208 metros cadrados que se distribúen en planta baixa: un aula e un taller; aseos; almacén; lavandaría, roupeiro e almacén de lencería, e planta primeira:aula e taller ;aseos

Entre os edificios existe un patio axardinado que une as dúas edificacións

Persoas sen fogar 

O Centro “Vieiro” de Cáritas Diocesana/ Interparroquial de Santiago é un lugar de referencia na cidade que diariamente é frecuentado por algo máis de dous centenares de persoas ás que coñecemos xeralmente como senfogar ou sinteito. Nas súas instalacións desenvólvese un amplo programa coa lema “TecendoVieiro”.

A actividade neste centro iniciouse fai trece anos -2004- cun programa de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela destinado aos enfermos de VIH. Ao ano seguinte-2005- comezou a actividade diaria de axuda ás persoas que viven na rúa, para o que se habilitou un local en Rúa de Costa Vella, 6, onde ademais dos temas relacionados coa hixiene e o primeiro alimento do día, os que acoden poden desenvolver unha serie de actividades e realizar xestións contando para eles cos técnicos do centro.

As persoas participantes atópanse en situacións sociais e vitais moi complexas, e téntase dar resposta psicosocial a persoas en situación de extrema vulnerabilidade e senfogar.

A programación que se desenvolve é cultural, formativa ou social, que se unen ás permanentes de teatro, e vídeo-fórum, coas que se consegue un total dinamismo do centro e os seus asistentes.

-Co taller teatro móntanse obras dirixidas por voluntarios e contando coa participación dos usuarios.

-A actividade denominada “Risoterapia” pretende lograr un cambio de actitude psicolóxica e física, para que os participantes teñan unha mellor calidade de vida, e concienciar ás persoas dos beneficios que se obteñen á hora de enfrontar a vida desde un punto de vista positivo.

-Planifícanse saídas ao exterior con visitas programadas, guiadas por voluntarios, para que os participantes poidan descubrir e contemplar lugares e zonas da cidade que, inicialmente pásanlles desapercibidas.

-As manualidades en forma de talleres forman parte das programacións especiais, onde a metodoloxía esencial está baseada no ensino-aprendizaxe, para que os participantes aprenden partindo da súa propia experiencia.

-Ver na música un recurso educativo moi eficaz á hora da relación no mundo e cun mesmo, son os obxectivos do programa “Xogando coa música”.

-A estimulación cognitiva desenvólvese en forma de taller de participación directa para propor actividades que favorezan o mantemento da memoria activa e dotar aos participantes de estratexias de axuda de memoria.

–O desenvolvemento emocional e a autoestima, e os primeiros auxilios, constituíron a parte central das charlas de apoio que levaron a cabo no centro. Con elas perseguiuse mellorar a autoestima e a capacidade de resolución de conflitos vitais no ámbito cotián.

O Centro Vieiro ofrece un especio para o desenvolvemento de distintas actividades:

-Acollida e información dos recursos que na cidade

-Orientación psicosocial e formación

-Saúde: acompañamento e seguimento médico, control de citas médicas, administración de tratamentos

-Café e calor: alimentación básica

-Hixiene persoal

-Lavandaría

-Consigna, para deixar durante un tempo as súas pertenzas

-Medio de comunicación e localización

-Actividades de lecer e tempo libre

-Saídas culturais

-Videoforum

Atencions practicadas

-Ao longo de 2016 foron atendidas no Centro Vieiro un total de 722 persoas, das que 27 eran novas.

-A atención practicada o foi a través dos distintos programas e actividades que se desenvolven nestas dependencias.

– Dos asistentes 636 eran homes (88%) e 86 mulleres (12%)

-Por idades, 72, entre 18 e 33 anos; 290 de 34 a 49 anos; 294 de 50 a 65 anos, e 66 con máis de 66 anos.

-Dos atendidos 577 eran españois, 96 comunitarios e 49 extracomunitarios.

-Das 722 persoas asistentes ao centro (acollida, escoita e orientación), 613 participaron no programa de atención psicoeducativa; 28 o por saúde; 13 por asesoramento xurídico; 49 por temas de formación e 19 derivados por vivenda.