A CELEBRACIÓNDÍA DO DÍA DA CARIDADE EN MONTE PORREIRO
Xornada intensa de convivencia e amor fraterno
A parroquia de Monte Porreiro celebrou a xornada do Día da Caridade, tendo como referencia os materiais da Campaña deste ano co lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiño á Esperanza”.Foi transmitido o significado do Día da Caridade, do Amor entregado ate o extremo
O cartel da Campaña na parede, detrás da mesa, deu pé para o inicio da explicación, apoiada ademais polos folletos que se entregaron a cada comensal. Ao remate delas pídeselle aos marroquís presentes que compartan co resto o sentido da esmola, do compartir cos máis pobres, presente no Corán.
A Xornada celebrativa centrouse nun xantar que tiña como plato cuscús , preparado con moito mimo por unha familia marroquí. O sabor exquisito deste manxar mesturábase cun bo ambiente e un aroma a fraternidade que se respiraba por todo o salón parroquial. E ademais non faltou o delicioso té con menta, doce e suave, caricia para o estómago e ideal para favorecer a dixestión. Deseguido cantouse a canción “Si todo es de todos”, do cantautor cristián Luis Guitarra, moi oportuna para a ocasión. E despois dunha sobremesa amena a xente foise retirando “con bo sabor de boca” e “co corazón cheo de nomes”, como diría Pedro Casaldáliga.
Xa á tardiña chegou o momento da Eucaristía, preparada polo equipo de Cáritas. Sinxeleza, profundidade, participación e alegría estiveron presentes nela, grazas aos textos da Palabra, á homilía, ás preces, ás ofrendas… e aos cantos E sempre tendo presente que Eucaristía e Caridade deben ir á par “Xesús entrégase e queda con nós no pan e viño… e nos irmáns, sobre todo nos máis necesitados”, sinalouse