Noticia

17 Sep

A CONSELLERIA DE TRABALLO VISITA OFICIALMENTE CÁRITAS DIOCESANA A CONSELLERIA DE TRABALLO VISITA OFICIALMENTE CÁRITAS DIOCESANA

\r\n Mato 2 \r\n\r\n

A Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou oficialmente as dependencias de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela,onde foi recibida polo delegado episcopal, Jesús García Vázquez e o director  diocesano, José Anuncio Mouriño Raño .Durante o seu percorrido, polos distintos departamentos , falou cos técnicos e voluntarios que prestan o sea  trabllo na institución.

\r\n

Nun breve contacto cos  medios  de comunicación Beatriz Mato insistió no labor que se leva a cabo en  institucions como Cáritas para axudar os mais necesitados . Pola súa banda o director diocesano, agradeceu a consellería o apoio que presta para poder desenvolver o traballo en favor  das persoas mais desprotexidas , moitas das que , sinalou, rondan a esxclusión social e otras xa entraron nela.

\r\nSesión de traballoMato 6A responsable do Goberno galego, acompañada da directora xeral de Familia, Amparo González,mantiveron unha sesión de traballo cos responsables da institución na que afondaron nos temas de máxima actualidade relacionados co traballo que se fai  nos distintos programas en  favor  dos mais  desfavorecidos da sociedade.\r\n

Na sesión de traballo adiantouse que a aportación , por distintos conceptos, da consellería  a Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela,verase aumentada en algo máis dun cincoenta por cento con respecto a o ano anterior. Comedores, residencia e centros de día para maiores , servicios de atención  primaria,menores, e o maltrato feminino, ocuparon lugar destacado no transcursos da reunión  na que por parte dos responsables da  institución se lle plantexou a necesidade de seguir apoiando as iniciativas que se levan a cabo  nos distintos frentes e programas nos que traballa Cáritas.

\r\n

Albergues e comedores

\r\nMato 1\r\n

O departamento autonómico que se encarga dos temas de  traballo e benestar vén de resolver a súa renovada orde de inclusión, que este ano chegará a un total de 105 entidades de iniciativa social de Galicia. Esta convocatoria ampliou o seu orzamento en 370.000 euros, ata chegar aos 3,25 millóns de euros, o que supón un 13 por cento máis do que se destinaba a este fin en 2012. Cuestions que  foron explicados por  Beatriz Mato,sinalando que a orde  ten como obxectivo financiar e apoiar o desenvolvemento de programas e servizos por parte das entidades “que traballan coas persoas que máis o necesitan”. Unha das modificacións máis salientables foi a unificación das tres ordes que existían anteriormente (de comedores e albergues; de programas de inclusión para entidades; e de programas dirixidos ás persoas inmigrantes) nunha soa, dado que as entidades que optaban a estas tres convocatorias adoitaban ser as mesmas. Grazas a isto, facilítase o proceso de solicitude e permite que as organizacións centren os seus esforzos na atención ás persoas.

\r\nMato 5\r\n

Ademais, incluíuse como requisito que a contía das axudas estivera directamente vinculada á cantidade de persoas que atende cada entidade. “A máis persoas, maior será a axuda pública”, sinalou Mato.\r\nA conselleira fixo fincapé na sección da orde que se destina ao financiamento de albergues, comedores e centros de acollida, e que conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros, incluídos dentro dos máis de 3,25 dos que dispón a convocatoria en total.

\r\n

Con este investimento, resultaron beneficiarias 30 entidades, un 11 por cento máis que o ano pasado. Deste xeito, estanse a cubrir o total de solicitudes que chegaron por parte das organizacións que xestionan este tipo de instalacións, tal e como se comprometera desde este departamento autonómico.

\r\n

“Estas axudas resultan de especial relevancia, xa que están dirixidas á cobertura das necesidades básicas, como o aloxamento ou a manuntención”, explicou Mato, quen precisou que estes centros constitúen en moitos casos “o primeiro nivel de atención e a porta de acceso a outros dos recursos no eido da inclusión”.

\r\n

Xa para rematar, a responsable autonómica insistiu en que o Goberno galego traballa “por e para as persoas e, por riba de todo, para as máis vulnerables e para as que máis están a sufrir a crise”. Por iso, o fomento da inclusión é unha das liñas na que se está a poñer un maior esforzo.

\r\n