A IGREXA DIOCESANA POR UN TRABALLO DECENTE
Celebráronse actos en Santiago e A Coruña
A nivel diocesano conmemorouse con diversos actos o décimo aniversario da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente co lema «Por ti, por min, traballo decente». Deste modo reafirmouse o compromiso coa dignidade e o coidado de todas as persoas traballadoras en todo o mundo.As parroquias de Santa Marái de Salomé,en Santiago, e as dos Santos Anxos e a Milagrosa, na Coruña, foron os lugares escollidos para a celebración dos actos nos que deuse lectua o manifesto xeral e cdelebrouse a Eucaristía.
A sinistralidade laboral
No documento sinálase a que consideran realidade preocupante en España, cun desemprego estrutural
onde miles de persoas queren traballar e non poden;con aínda, demasiada temporalidade “que dificulta enormemente a estabilidade dos proxectos vitais de miles de persoas traballadoras”; e cunha insoportable praga, a sinistralidade laboral; coa perda de poder
adquisitivo dos salarios; coas dificultades de conciliación laboral e familiar, e o aumento das enfermidades psicosociais, recordan no manifesto.
Reiteran que a dignidade da persoa traballadora ”é innegociable e debe estar no centro de todas as decisións políticas e económicas”. Apostan por un presente e un futuro onde o traballo decente sexa unha realidade para todos, tamén no seo da Igrexa. “Comprometémonos a seguir loitando pola dignidade e o coidado das persoas traballadoras”, sinalan finalmente.