Noticia

20 Oct

A TRATA CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL

A Rede Galega convocou os especialistas da comunidade autónoma

A VI Xornada autonómica Contra a Trata Con Fins de Explotación sexual, que este ano levou por título, “Violencias Invisibles: Trata con fins de explotación sexual”, desenvolvida no Centro Galego de Arte Contemporáneo, organizado pola Rede Galega contra a Trata, reuniu a máis de dos centenares de profesionais perocedentes de toda Galicia. No encontró levouse a cabo unha reflexión sobre a suficiencia do Plan Integral contra Tráta en España, e foron debatidas ferramentas de intervención dispoñibles hoxe en día para os organismos e entidades dentro do ámbito legal, social, e sanitario desde unha perspectiva de xénero e dereitos humáns.

Violencia de xénero

O longo das amplas sesions de traballo foron presentados dous relatorios, actividades de sensibilización para a toma de conciencia, unha conversación entre profesionais do sector, e as boas practicas onde se analizou o proxecto europeo da Xunta de GaliciaInsisiuse que recentemente houbo grandes avances no recoñecemento de trátaa con fins de explotación sexual como violencia de xénero, neste sentido destacaron que o lexislador autonómico asumiu os compromisos internacionais. Aspectos calificados de gran importancia , “implica unha maior protección e recoñecemento de dereitos para as vítimas, o acceso a uns xulgados específicos na materia, a unha quenda específica de asistencia letrada gratuíta, o uso de determinados instrumentos como a orde de afastamento, unha maior protección policial”, suliñan.Tamne se falou de seguir traballando na trata con fins de explotación sexual no ámbito da estranxeiría fomentando o enfoque de dereitos humanos e de xénero.Apelouse á responsabilidade individual que temos todos como seres humanos que formamos parte desta sociedade, na loita contra a violencia de xénero.

Compromiso da Xunta

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella reiterou o compromiso do Goberno galego na loita contra a trata con fins de explotación sexual, como así o reflicte o VII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020.A titular de Igualdade, que clausurou a reunión, indicou que dende o goberno galego considerase necesario sensibilizar a potenciais demandantes destes servizos acerca da realidade que pode subxacer baixo unha oferta de comercio sexual, evitando que sexa considerada unha opción máis de lecer e diversión.O compromiso da Administración autonómica na loita contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual é firme, polo que tamén proseguirá o seu labor mediante o reforzamento dos mecanismos de información ás vítimas, da colaboración e coordinación institucional, e coa continuidade no apoio ás entidades e organizacións non gobernamentais que traballan neste ámbito da atención e protección ás vítimas e, nomeadamente á Rede Galega contra a Trata.

Declaración Institucional

“A trata de seres humanos é unha das vulneracións máis abominables dos dereitos humanos, nos que a persoa pasa a converterse nunha mercadoría. A trata con fins de explotación sexual supón, ademais do anterior, unha manifestación execrable de violencia contra as mulleres”, nestos termos se expresa a declaración institucional que fixo publica a Xunta de Galicia.No documento fálase de que o Goberno galego “loitará contra o tráfico de mulleres, nenas e nenos, que teña como finalidade fundamental a súa explotación sexual no territorio galego, establecendo que dita loita deberá realizarse a través dunha intervención integral que permita a prevención, detección, atención e, se é o caso, integración das mulleres vítimas do tráfico de explotación sexual”.Dende o executivo considerase “necesario sensibilizar a potenciais demandantes destes servizos acerca da realidade que pode subxacer baixo unha oferta de comercio sexual, evitando que sexa considerada unha opción máis de lecer e diversión”.A declaración finaliza recordando que é neceario unir esforzos “cun obxectivo común: avanzar na erradicación da trata de mulleres, nenos e nenas con fins de explotación sexual, que están atrapadas na trata e a prostitución”.Traballo colectivoA Rede Galega Contra Trátaa Sexual está integrada por once entidades sociais da comunidade autónoma e foi creada no ano 2008 co fin de ser un instrumento de coordinación entre a organización integrantes da rede, sendo tamen unha plataforma asemblearia de denuncia e incidente política na loita contra tráta de persoas. Entre as actuacións que realizan ás organizacions están as de asesoramento, apoio e información respecto aos recursos sociais e xurídicos; acompañamento para a realización de trámites administrativos e burocráticos; actividades de formación e integración; ou sensibilización social sobre a situación das vítimas de explotación sexual, entre outras.  

Artículos Relacionados