Noticia

23 Jul

ACHEGA MUNICIPAL PARA ATENCIÓN PRIMARIA E OS  PISOS DE ALARES

O convenio foi asinado pola concelleira de Servizos Sociais e o director de Cáritas Diocesana

Unha serie de entidades que traballan no campo da la axuda social, entre ellas Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, asinaron convenios co Concello de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas foi a encargada de asinar os convenios anuais con oito entidades por un importe  de máis de 200.000 euros. A responsable política loubou o traballo destas asociacións e expresou a vontade do Goberno municipal de manter a colaboración e explorar posibles novas liñas de traballo con elas, “porque son imprescindibles para avanzar cara unha Compostela de maior xustiza social e porque chegan a onde ainda non chegan as administracións públicas na atención á
poboación máis vulnerable», sinalou.

O convenio con Cáritas Diocesana de Santiago, que asinou José Anuncio Mouriño Rañó, director dicesano, representa una achega de 120.000 euros para o financiamento de dous proxectos: o programa de Atención Primaria de Cáritas Interparroquial de Santiago e o programa Alares de inclusión residencial.

Atención Primaria

A través do primeiro deles, Cáritas atende a persoas en risco de exclusión social, tratando de darlle resposta ás demandas sociais que formulen de maneira coordinada co departamento municipal de Servizos Sociais.En relación ao programa no convenio se recorda que son atendidas persoas “en risco de exclusión social, tratando de dar resposta a calquera demanda social que sexa precisa. O traballo oriéntase dende diferentes eidos: a acollida, usando a técnica da entrevista; a atención, por medio da cal se detectan as necesidades e a orixe do problema; e a resposta, dun xeito integral segundo a demanda”.

Pisos de acollida

En canto ao proxecto Alares, trátase dun programa que facilita vivendas de transición para persoas en situación de grave risco de exclusión social. O programa conta con viviendas para persoas sin fogar. A iniciativa nace para dar resposta á falta de recursos residenciais de media e longa estancia para aquelas persoas en grave risco e precariedade social nas condicións propias dun fogar”.