Noticia

01 Jun

ARROUPA SERÁ A ENCARGADA  DA RECOLLIDA TEXTIL EN CURTIS

Trátase da politica de expansión da  empresa  de inserción laboral

 No Concello de Curtis, despois de haber resultado a adxudicataria do servizo fruto dun concurso público, a empresa de economía social Arroupa, dependente de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, será a encarga do servizo de recollida selectiva e xestión de roupa usada e outros residuos téxtiles no municipio.

Neste marco Pilar Farja, directora diocesana de Cáritas ,e Isabel Fraga, xerente de Arroupa, presentaron  ao alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos; o segundo tenente de alcalde Iván Maques e a concelleira de Benestar Social, Eva Lata a proposta de implantación da recollida de residuos téxtiles no municipio. O mesmo tempo visitaron os catro colectores do municipio nos que os veciños poden depositar a roupa que estimen convinte. Arroupa é a encargada de recoller, separar e dar novos usos aos textiles depositados.

A estanciua  da directora e xerente aproveitaron a visita para achegarse ata a casa-museo de María Antonia Dans en Curtis.