Noticia

29 May

AXUDAS AOS ALBERGUES, COMEDORES E CENTROS DE ACOLLIDAAXUDAS AOS ALBERGUES, COMEDORES E CENTROS DE ACOLLIDA

Axudas 1\r\nMais  de  1,5 millóns de euros para entidades de iniciativa  social

\r\n

A Consellería de Traballo e Benestar garantirá a axuda pública a todos os albergues, comedores e centros de acollida que teñan autorización oficial da Xunta, para o que se contará cun orzamento neste apartado de 1,5 millóns de euros. Deste xeito, estas axudas non se concederán por concorrencia competitiva, como ata agora, senón que están garantidas para todas as entidades autorizadas e terán un importe fixo por cada persoa atendida.

\r\nAxudas 3\r\n

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo  un encontro coas principais entidades de iniciativa social – entre elas Cáritas Dioceana–, xestoras de programas de inclusión social co obxectivo de explicarlles a nova orde para entidades de iniciativa social, que se publicará o próximo no DOG e que inclúe importantes novidades e melloras.

\r\n

En global, o departamento autonómico destinará preto de 2,9 millóns de euros para as entidades de iniciativa social en 2013, como resultado da unificación de tres ordes (albergues e comedores, programas para entidades de iniciativa social e para as persoas inmigrantes) nunha soa convocatoria, mantendo o orzamento global destinado a estes proxectos no exercicio anterior.

\r\nAxudas 2Maior axilidade\r\n

Esta novidade permite unha maior axilidade na tramitación dos expedientes, ademais de procurar a máxima eficiencia, ao tempo que se tenta facer un procedemento máis claro que facilite a estas entidades a solicitude destes programas.

\r\n

Beatriz Mato salientou que “a experiencia nos di que estas tres ordes adoitan concorrer as mesmas entidades” polo que coa súa unificación “o proceso vai ser moito máis sinxelo e eficiente” de xeito que as organizacións poidan centrar os seus esforzos na atención ás persoas que máis o necesitan.

\r\n

A responsable de Benestar lembrou que esta modificación tamén ven ligada ao cambio de estrutura da Consellería na nova lexislatura, na que o departamento autonómico asumiu as competencias de inmigración dentro da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

\r\nAxudas 4Axuda por persoas atendidas\r\n

Ademais desta unificación, esta orde recolle outra modificación: a contía das axudas vai estar directamente vinculada ao número de persoas atendidas. Ata este ano as entidades xustificaban a súa actividade presentando xustificantes da execución dos programas mentres que, a partir de agora, o que se van xustificar son os servizos.

\r\n

A orde tamén inclúe subvencións para programas de entidades de iniciativa social, concedidas por concorrencia competitiva, e divididas en tres tipoloxías: programas complementarios aos servizos sociais comunitarios, programas de inclusión que aposten pola creación dun itinerario sociolaboral e programas específicos de integración para a poboación inmigrante.

\r\n

Para Mato, esta aposta pola inserción laboral “é unha proba da coherencia desta orde co proxecto de Lei de Inclusión”, que está de novo en tramitación no Parlamento de Galicia. Trátase dun novo texto legal que ten como obxectivo principal converter a RISGA nunha auténtica ferramenta de inclusión e para iso vai establecer incentivos e estímulos para a entrada no mercado laboral dos seus perceptores, evitando así que a situación de exclusión se cronifique.

\r\n

Por último, as entidades poderán xustificar a súa actividade desde o pasado 1 de xaneiro, e, polo tanto, o financiamento da mesma computará desde principio de ano e non desde a data da resolución da orde.