Noticia

07 Oct

BENESTAR E A LOITA POLA INCLUSIÓN SOCIAL

Mato 1A Consellería de Traballo e Benestar ten como prioridade absoluta a loita pola inclusión pero sempre en colaboración coas entidades de iniciativa social que conforman o terceiro sector, segúndo a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.Un apoio que se demostra co incremento este ano dun 50% da partida da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), que supera xa os 35 millóns de euros ou o aumento nun 50% das Axudas de Emerxencia Social (AES), que pasan de 3 millóns a 4,5.\r\n

O Goberno autonómico aposta, na nova Lei de Inclusión, por unha RISGA destinada a estimular e incentivar economicamente a saída da situación de exclusión por parte das persoas que se encontran nela.Así mesmo o departamento  autonómico reforza á Orde de Inclusión, que conta este ano cun orzamento de preto de 3,3 millóns de euros,–un 13% máis que en 2012–, e inclúe novidades importantes como o feito de unificar tres convocatorias nunha soa: a de comedores e albergues, a de programas de inclusión e os dirixidos ás persoas inmigrantes. A devandita unificación facilita o proceso de solicitude de axudas.

\r\n

O esforzo económico adicado á orde permitirá apoiar a actividade de 105 entidades, das que máis do 70% recibirán unha axuda superior á do ano pasado.

\r\n

Plan de Inclusión Social

\r\n

Ademais, estase a desenvolver o novo Plan Galego de Inclusión Social que se estenderá desde 2014 a 2020 con obxectivos relativos ao acceso ao mercadoMato 2 laboral das persoas en riscos de exclusión; a garantía duns ingresos mínimos ligados á activación laboral; a garantía de acceso a uns servizos de calidade, fundamentalmente en educación, sanidade, xustiza e vivenda; e a identificación de colectivos específicos e áreas de acción e atención aos grupos máis vulnerables.

\r\n

Esta plan traballará de forma especial na prevención da pobreza infantil. Para coñecer esta realidade elaborarase un estudo que ofreza unha diagnose da situación en Galicia, con datos cuantitativos e cualitativos.

\r\n

Beatriz Mato explicou que a aposta do departamento é por un cambio de modelo á hora de poñer en práctica políticas sociais.Trátase do modelo de carteiras, vertebrado a través de catro diferentes: a de persoas en situación de dependencia, a de persoas maiores ou con discapacidade que teñan autonomía, a da familia e infancia e a de servizos de inclusión. Isto permitirá acadar a máxima optimización das infraestruturas existentes en Galicia.

\r\n

A última delas, vai recoller e regular todos os servizos que a Comunidade presta ás persoas en risco de exclusión social e, segundo indicou a responsable de Benestar, “pasarase de falar de albergues de transeúntes ou comedores sociais, a definir e ampliar os servizos destinados ás persoas en situacións de especial vulnerabilidade”.

Artículos Relacionados