Noticia

31 May

 CAMPAMENTOS DE VERÁN  ARNELA 2024

Ábrese o plazo de inscrición até o 7 de xuño para os participantes

Como cada verán o programa Cativos  de Cáritas Diocesana de Santiago/ Interparroquial de Santiago, organiza os seus Campamentos  en Arnela (Albergue Xuvenil Luis Calviño de Arnela, Porto do Son). Os  campamentos desenvólvense durante 8 días no Albergue e as datas son as seguintes:

Primera Quenda( Maiores,2006/2008)):do 19 ao 26 de xullo

Segunda Quenda (medianos/ pequenos,2011/2013): do 31 de xullo ao 7 de agosto

Tercera Quenda, (pequenos/as,2014/2016)): do 11 de agosto ao 18 de agosto

Cuarta Quenda(medianos/maiores 2009/2010): do 22 de ag osto ao 29 de agosto

Nados/as no 2016: Deberán ter feitos os 8 anos no momento de inicio do campamento.

–Nados/as no 2006: Non poderán cumprir os 18 anos antes ou durante o campamento.

As saidas  serán sempre  ás 10:00 horas da darsena de autobuses  de La Salle, e as recollidas no mismo lugar pero as 14:00 horas

Prazo de inscrición

O prazo de inscricion estará aberto  até o 7 de xuño  nas oficinas de Cáritas Interparroquial de Santiago (R/ Hospitaliño, nº2).Tamen se pode facer  enviando a ficha de inscrición xunto co resto da documentación, escaneada a cativosintersant.cdsantiago@caritas.es

O horario de atención presencial é  de luns a venres de 9:00h a 14:00h

O Prezo  fixado e de 180€ por neno/a. Existe a posibilidade de solicitar unha beca para aplicar descontos.

Teranse en conta criterios como: residencia (prioridade ser de Santiago), continuidade nos campamentos, asistencia ás actividades do Programa Cativos durante o ano, circunstancias familiares ou persoais, derivacións de Servizos Sociais, Cáritas e outros organismos, criterios de exclusión ou risco de exclusión social, etc.