«CÁRITAS ATENDE A ELEVADA DEMANDA GRAZAS ÓS RECURSOS PROPIOS E PRIVADOS» (JAVIER GARCÍA SÁNCHEZ)«CÁRITAS ATENDE A ELEVADA DEMANDA GRAZAS ÓS RECURSOS PROPIOS E PRIVADOS» (JAVIER GARCÍA SÁNCHEZ)
Baixada «espectacular» das achegas procedentes das distintas administracións
\r\n
A memoria de 2012 de Cáritas Diocesana de Santiago non deixa lugar para o optimismo. O ano pasado fixeron uso dos servizos da entidade 76.795 persoas. Delas, 61.184 foron atendidas para satisfacer necesidades básicas como a alimentación ou o pago da vivenda. A cifra supón un incremento do 720% dende 2007, antes de que se iniciara a crise. Destaca ademais o aumento, nun 156%, das persoas sen teito que acodiron a Cáritas Santiago en 2012, e a suba, ata o 3%, no número de universitarios que requeriron a súa axuda. Tamén sube o número de parados de longa duración que precisan que lles boten unha man.
\r\n
Nunha entrevista este en Radio Obradoiro, o responsable de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago lamentaba o «espectacular» descenso das achegas das distintas administracións públicas. Segundo Javier García Sánchez, esa caída superou «o 75% entre 2007 e 2012, e o ano pasado foi do 53,37%». Algo incomprensible, tendo en conta a que está caendo. Se «estamos solventando as tremendas necesidades da xente é grazas ó aumento dos recursos propios e dos recursos privados». Entre estes últimos destacou os aportados pola Fundación Amancio Ortega e pola Fundación Barrié.
\r\n
A respecto da situación no que levamos de 2013, os datos tampouco son alentadores. García Sánchez sinalaba que nos tres primeiros meses do ano a demanda «en calquera dos nosos programas foi do 13 por cento, e creo que esa porcentaxe é extrapolable ó segundo trimestre».