CLAUSURADO O CURSO DE AXUDANTE DE COCIÑA ORGANIZADO POR CÁRITAS
Participaron unha vintena de mozos desempregados de Ribeira
\r\n
O director de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, José Anuncio Mouriño Rañó, presidiu a clausura do curso de Axudante de Cociña organizado por Cáritas Parroquial de Ribeira no que participaron 20 mozos desempregados da zona do Barbanza, de distintas nacionalidades e con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos. O curso organizouse contando coa colaboración de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e o financiamento do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo Plurirregional de Loita contra a Discriminación.
\r\n
Durante a súa intervención Mouriño Rañó felicitou aos alumnos e lembroulles que agora inician unha nova etapa, cunha formación adecuada, para saír ao mercado laboral. Ao mesmo tempo indicoulles que as portas de Cáritas estarán sempre abertas para axudarlles en todo o que precisen. O director diocesano agradeceu ás empresas do sector de hostalaría de Ribeira a colaboración prestada para poder desenvolver o curso.
\r\n
No acto de clausura participaron tamén Cesáreo Canaval, párroco e consiliario de Santa Uxía de Ribeira, Teresa Pérez, directora de Cáritas Parroquial, e Luís Gaviria, responsable de Emprego.
\r\n
A formación foi impartida nos locais do Restaurante Jenaro onde cun total de 80 horas nas que se lles instruíu nos coñecementos relacionados co perfil profesional dun axudante de cociña, encargándose da docencia o chef Siro. Os alumnos realizarán as prácticas profesionais non laborais de 40 horas en establecementos do sector de hostalaría da zona.
\r\n
Os obxectivos prioritarios dos cursos de formación organizados por Cáritas son a aprendizaxe dun oficio, a mellora das habilidades laborais e a profundización nos coñecementos específicos