Cuatrocientas personas habitan en Vilagarcía los poblados gitanos
Cáritas y los servicios sociales del Concello desarrollan programas para mejorar su calidad de vida a través de las mujeres y los jóvenes
SERXIO GONZÁLEZ (LA VOZ DE GALICIA/VILAGARCÍA)
No son exclusivas de este tipo de asentamientos, pero cualquiera que haya pasado cerca de los poblados de Berdón o Cornazo sabrá que las edificaciones y vehículos que los conforman constituyen ejemplos claros de infraviviendas. Sus moradores son, en su inmensa mayoría, miembros del colectivo gitano. Además de los dos emplazamientos mencionados, existen núcleos más pequeños en Galáns, Guillán o Rubiáns, además de Baión, a raíz de una escisión producida en uno de los grupos asentados en Vilagarcía. Aunque en ocasiones se ha intentando, no hay un censo exacto de sus pobladores. Cáritas Interparroquial, una de las oenegés que trabajan con ellos, calcula que su número se aproxima a las cuatrocientas personas.Desde el 2015, Cáritas desarrolla un programa que trata de mejorar la calidad de vida de las familias que habitan los poblados de la capital arousana. El eje de Arrumí son las mujeres. «Queremos -explica su coordinadora, Mila Hermida- que empreguen os recursos comunitarios que están aí, pero que elas normalmente non empregarían». Disponer de un móvil propio, dar un paseo solas, expresar emociones básicas o conseguir que sus opiniones sean tenidas en cuenta por sus maridos constituyen verdaderos logros, que la intervención de la oenegé está consiguiendo.El programa parte de la mujer como motor de cambio, a fin de que sean ellas quienes promuevan y difundan un cambio de hábitos tanto entre sus hijos como con sus parejas y la comunidad en su conjunto. Arrumí trabaja en estos momentos con once familias. Se realizan talleres, visitas semanales a domicilio y valoraciones anuales. «Supervisamos dende que a casa estea limpa e organizada, e se unha serie de normas se seguen». Todo ello se alterna con entrevistas y el seguimiento de un proyecto personalizado. Los avances, asegura la educadora social, son esperanzadores. «Van falar coas profesoras dos seus fillos, dá moita satisfacción ver como se preocupan, como traen as súas contas feitas, como planifican o seu mes, mesmo para poder pasalo sen axuda económica externa… Deben sentirse moi orgullosas».Los servicios municipales, por su parte, acaban de concluir el proyecto Sarsalé, desarrollado en colaboración con la fundación Secretariado Gitano. En su caso, se dirige a adolescentes desde los doce años, fomentando su permanencia en el sistema educativo, su autoestima y la adquisición de competencias básicas.«Que nenos xitanos fosen por primeira vez ao campamento da Lanzada foi unha bomba»Mila coordina dende hai dous anos o programa Arrumí co que Cáritas Diocesana Interparroquial de Arousa trata de mellorar a calidade de vida do colectivo xitano incidindo nas mulleres. «Son -asegura- o motor do cambio».-¿É unha sociedade pechada?-Eu non o chamaría así. É difícil de explicar. Digamos que hai elementos da súa cultura que queren manter, pero trátase máis de preservar eses elementos que de que eles sexan pechados.-¿Como é a situación de partida? Supoño que complicada.-Moi complicada, si. Moitos elementos combínanse para que se atasquen nunha situación de subsistencia. Por exemplo, o acceso a un traballo normalizado é moi difícil. Primeiro pola falta de formación. Pero tamén porque, se van a unha empresa de traballo temporal, nunca os chaman.-O estado dos asentamentos non semella nada saudable.-Hai familias que se tivesen acceso a unha vivenda digna non estarían alí e asumirían as responsabilidades precisas. Pero moitas delas só ingresan un risga, un salario social que non chega para pagar un aluguer. Outras viven do cartón ou da ferralla, pero non lles dá máis que para comer. Elas estarían encantadas de poder traballar, de deixar o asentamento e baixar á vila, claro que si. Pero volvemos ao círculo nefasto das dificultades para poder ter un emprego.-¿Como rachar ese círculo?-Con educación. Educando ás familias en que é importante que os rapaces vaian a clase. Traballando cos propios rapaces para que vexan que é fundamental. E tamén cos centros escolares.-A verdade é que os rapaces normalmente deixan os estudos.-Cando eu cheguei había unha mínima presenza en ESO e practicamente non pasaban do primeiro trimestre. Agora temos rapaces e rapazas que superaron Primaria sen deixar nada e están estudando ESO con boas perspectivas. Este ano veu unha rapaza de Pontevedra que está estudando un ciclo medio. Contou que non quería verse como algunhas das súas irmás, que deixaron o instituto e teñen xa tres fillos. Eles teñen que ser capaces de entender que a educación non ameaza a súa cultura, senón todo o contrario. E ao revés, se nós coñecemos a súa cultura seremos quen de comezar a comprendelos. Ten que ser recíproco. Temos rapazas que poden conseguir titular en ESO, e será incrible.-¿Hai racismo cara o xitano?-Eles vanche dicir que si. Pero eu non o diría taxativamente. Eu chamaríalle falta de entendemento. Se van a unha ETT e non lles chaman nunca, se ninguén lles aluga un piso, significa que algo pasa aí. Debemos facer un esforzo por entendernos. E hai elementos esperanzadores. Este verán, que nenos xitanos fosen por primeira vez ao campamento da Lanzada foi unha bomba, na propia comunidade. Os nenos están tolos por volver, e un incluso foi invitado ao aniversario dun payo.