Noticia

25 Oct

EN GALICIA A TAXA DE POBREZA POR DEBAIXO DA MEDIA DO ESTADO

O último informe do Instituto Nacional de Estatística (INE), referido a nosa comunidade mantén unha taxa de pobreza por debaixo da media do Estado -19% fronte ao 22,3% da media nacional- e tamén descende ano tras ano o número de familias en situación de privación ou carencia material severa situándose hoxe no 4,1%. Estes datos os fixo públicos o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no Foro de capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado organizado pola Rede Galega de loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN-Galicia), celebrado en Santiago de CompostelaO representante político suliñou  que esta cifra é case dous puntos inferior á media nacional. Aínda así o responsable do departamento autonómico apuntou que “hai persoas que o están pasando mal e ás que debemos dirixir todos os nosos esforzos coa finalidade de que a recuperación económica chegue a todos os fogares”.

Reducir as desiguladades

Ao respecto, o conselleiro fixo fincapé no importante esforzo económico que está a facer o Goberno galego para reducir as desigualdades. Nesta liña, referiuse ao feito de que en 2018 e por terceiro ano consecutivo volvan medrar os presupostos da Xunta, o que permitirá dar un novo impulso ás políticas sociais. De feito, no proxecto de lei de orzamentos para o vindeiro ano a Consellería de Política Social supera os 700 millóns de euros de montante global, o que supón un incremento do 9% con respecto ás contas deste exercicio.Para o titular da área social do Goberno galego “a pobreza non ten unha única causa, polo que cómpre levar a cabo políticas integrais centradas en campos como a atención social, o emprego, a vivenda ou a saúde, coa finalidade de cortar a transmisión xeracional da mesma”.Insiste en que neste sector o diálogo constante e aberto entre administracións e axentes que interveñen no eido social, xoga un papel fundamental.