Noticia

30 Nov

ENTREGA DE AGASALLOS DE REIS

Campaña de Nadal 2023 de Cáritas Interparroquial de Santiago

As doazóns poderán entregarse até o 24  de decembro

O Programa Cativos de Cáritas Diocesana de Santiago-Interparroquial Santiago organiza a Campaña solidaria Agasallos de Nadal 2023.Unha  iniciativa que  persigue  entregar ás familias que o precisen un agasallo de Reis para nenos e mozos. Se trata de  Familias con nenos e nenas de 0 a 17 anos, derivadas das parroquias, doutros departamentos de Cáritas, de Servizos Sociais e outras entidades de acción social da cidade.

Para participar as familias deberán entregar a ficha de derivación no departamento Cativos de Cáritas (Hospitaliño, 2) , finalizando o prazo o venres 15 de decembro 2023 ás 14horas. Deberá solicitarse cita previa no momento de entregar a ficha.

A recollida dos agasallos realizarase os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024 en horario de 9 a 14 horas no local  de Costa Vella,12, de Santiago. As persoas que distribúen e entregan os agasallos, son os  mozos do Proxecto Ventureiros e os voluntarios de Cativos.

A recollida de agasallos, que teñen que ser novos, fanaliza o dia 24 de decembro e poderá facerse nas dependencias de Cáritas Interparroquial de Santiago/Programa Cativos, o nos seguintes establecementos colaboradores: Corte Inglés Santiago; Residencia Raiola; Multiusos Fontes do Sar ; Santa Isabel :Abanca; Hospitales La Rosaleda, La Esperanza y Policlínico Lalín; Sección Musical Vera Cruz e Concerto solidario

 

 

 

Artículos Relacionados