Noticia

27 Mar

ESPAZO AGARIMO, UN PROGRAMA DE CÁRITAS DIRIXIDO A MENORES EN SITUACIÓN DE RISCO  OU CONFLITO SOCIAL

Ofrece o máximo apoio no proceso de mellora da dimensión educativa, social e familiar

O Espazo Agarimo  é un programas de atención psicosocial e inte rvención socioeducativa dirixido a menores en situación de risco ou conflito social  de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. A iniciativa conta coa colaboración da Diputación de A Coruña para mellorar a inclusión social  e autonomía de nenos e nenas e adolescentes  en idades comprendidas entre 0 e 18 anos e das súas familias que se atopan en situación de vulnerabilidade ou conflicto social. No programa se impulsan apoios e recursos necesarios para romper o ciclo da pobreza na infancia e adolescencia.. Estas competencias permítenlles mellorar os seus procesos de inclusión social e a súa autonomía, e así promover o desenvolvemento social e educativo dos nenos, nenas e adolescentes no contexto familiar, escolar e social. Apóstase pola educación integral, dende unha intervención holística, e situando ao menor no centro da acción como suxeito con plenos dereitos, tendo en conta o principio fundamental do interese superior do neno e da nena, dende un enfoque completamente participativo e atendendo á xestión da diversidade e á equidade de xénero.

Este espazo supón un traballo en rede, contando cos servizos que ofrece Cáritas e ofrecendo o máximo apoio no proceso de mellora da dimensión educativa, social e familiar dende tres liñas de actuación:

1.-Reforzo educativo asistido e orientación académica, co obxectivo de reducir o abandono temperán do sistema educativo e o absentismo escolar. Participantes no reforzo educativo 20nenos de 6 a 18 anos, inmigrantes, con descompensación curricular, dificultades de rendemento escolar e falta de habilidades para adquirir novos coñecementos, falta de técnicas de estudo.

Participantes da orientación académica 10 adolescentes de 15 a 18 anos con problemas adaptación escolar e absentismo.

  1. Apoio socioeducativo. Son unha serie de obradoiros que favorecen o desenvolvemento de capacidades, habilidades e destrezas nos rapaces e rapazas. Participantes 20 nenos con dificultades a nivel socioemocional e altos niveis de conflitividade..
  2. Intervención familiar. Ofrécese orientación e/ou asesoramento psicosocial e educativo coa finalidade de favorecer as relacións positivas na convivencia familiar e a súa organización. Participantes25 nais/país con fillos/as en idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos, con dificultades socioeconómicas e laborais, vivencias na súa infancia de diferentes violencias, inmigrantes, monoparentais maioritariamente, con unha importante desorganización familiar, con carencias nas súas competencias parentais ou utilización de métodos educativos inadecuados

Realízanse de xeito semanal ou quincenal, no que se traballa dende a parentalidade positiva, a teoría do apego, corresponsabilidade e pautas de mellora da conviviencia.