Noticia

09 May

LOS FONDOS DEL IRPF APOYAN EL ACCESO AL EMPLEO DE LAS PERSONAS MÁS VULNERABLES[:gl]OS FONDOS DO IRPF APOIAN O ACCESO AO EMPREGO DAS PERSOAS MÁIS VULNERABLES

Foto 2Os fondos achegados polos contribuíntes  a través das casillas solidarias da Asignación Tributaria na súa declaración da renda, permiten que Cáritas poida realizar unha parte importante da súa labor social. Un exemplo do destino dos fondos procedentes do IRPF son os programas que desenvolveu Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela no último ano.

rn

En total foron 16 proxectos tendo como eixo de actuación o apoio e axuda ás familias máis necesitadas e ás persoas que se atopan en exclusión social. O de maior contía é o programa «Aferrados» de urxencia social, cunha dotación económica superior aos cen mil euros, para atender as necesidades básicas das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade social no territorio da Diócese de Santiago de Compostela. As axudas prestadas con este programa son, entre outras, alimentación, medicamentos, roupa, servizos, facturas básicas, material para o domicilio familiar, escoita e acollida.

rn

Mencionar algúns aspectos destes programas que recibe fondos para os seus proxectos sociais: inserción laboral, atención sociosanitaria, persoas sen fogar, promoción da educación, axuda a mulleres en situación de explotación, promoción  e educación para a saúde da poboación xitana, saúde integral das mulleres, persoas con adiccións, atención a persoas  con VIH e Sida.

rnrn

Exemplo a seguirFoto 3

rn

Debemos mencionar o traballo que se leva a cabo a través dos 180 proxectos nacionais que desenvolveron en todo o país Cáritas Diocesanas para favorecer a inserción laboral das persoas en situación máis vulnerable e fortalecer, ao mesmo tempo, un modelo alternativo de economía solidaria. No último ano, eses 180 proxectos contaron co apoio económico de máis de 5 millóns de euros procedentes do 0,7% do IRPF asignado polos cidadáns a través das casas destinadas á Igrexa católica e a doutros Fins Sociais de interese xeral.

rn

Unha mostra desas boas prácticas que Cáritas impulsa co compromiso solidario dos contribuíntes é o proxecto Incasa de Cáritas Diocesana de Salamanca, que contou o pasado ano cunha partida de 52.000 euros procedentes do IRPF, o que permitiu acompañar a 900 persoas no seu itinerario de inserción laboral.

rn

Foto 4Dentro deste proxecto deséñanse diferentes liñas de acción en función das necesidades de cada persoa, que inclúen distintos módulos de preparación para o emprego a través de talleres, pre-talleres ou cursos de formación laboral, xunto a servizos de información e orientación laboral, ou o apoio a iniciativas de autoemprego. Un gran número das persoas que participan neste programa son persoas inmigrantes en situación especialmente precaria.

rnrn

Dobre axuda

rn

Insistimos na campaña de CáFoto 1ritas «Na túa próxima Declaración da Renda: mellor2» para convidar os contribuíntes a que marquen de maneira conxunta as dúas casillas solidarias da asignación tributaria: a destinada á Igrexa católica e a doutros Fins Sociais de interese xeral.

rn

Con esta iniciativa Cáritas quere chamar a atención dos cidadáns sobre a posibilidade que teñen de duplicar e de mellorar o seu compromiso solidario a través da Declaración da Renda. Ao marcar ambas opcións de forma simultánea, os cidadáns estarán a colaborar á vez, e sen custo engadido algún, cun 0,7% da súa base impoñible a soster a acción da Igrexa e con outro 0,7% a apoiar os fins sociais que desenvolven Cáritas e outras moitas organizacións que reciben fondos do IRPF para soster unha parte do seu labor solidario.

rn

Cáritas pon en marcha esta campaña informativa porque moitos contribuíntes non coñecen aínda que teñen a posibilidade de marcar conxuntamente as dúas casas solidarias na Declaración da Renda e poder axudar o dobre (0,7% + 0.7% = 1,4%) ás persoas en situación social máis vulnerable. Trátase, ademais, dunha elección que non supón para ningún contribuínte que vaia a pagar máis nin que se lle vaia a devolver menos no resultado da nosa declaración.

[:gl]

Foto 2Os fondos achegados polos contribuíntes  a través das casillas solidarias da Asignación Tributaria na súa declaración da renda, permiten que Cáritas poida realizar unha parte importante da súa labor social. Un exemplo do destino dos fondos procedentes do IRPF son os programas que desenvolveu Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela no último ano.

rn

En total foron 16 proxectos tendo como eixo de actuación o apoio e axuda ás familias máis necesitadas e ás persoas que se atopan en exclusión social. O de maior contía é o programa «Aferrados» de urxencia social, cunha dotación económica superior aos cen mil euros, para atender as necesidades básicas das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade social no territorio da Diócese de Santiago de Compostela. As axudas prestadas con este programa son, entre outras, alimentación, medicamentos, roupa, servizos, facturas básicas, material para o domicilio familiar, escoita e acollida.

rn

Mencionar algúns aspectos destes programas que recibe fondos para os seus proxectos sociais: inserción laboral, atención sociosanitaria, persoas sen fogar, promoción da educación, axuda a mulleres en situación de explotación, promoción  e educación para a saúde da poboación xitana, saúde integral das mulleres, persoas con adiccións, atención a persoas  con VIH e Sida.

rnrn

Exemplo a seguirFoto 3

rn

Debemos mencionar o traballo que se leva a cabo a través dos 180 proxectos nacionais que desenvolveron en todo o país Cáritas Diocesanas para favorecer a inserción laboral das persoas en situación máis vulnerable e fortalecer, ao mesmo tempo, un modelo alternativo de economía solidaria. No último ano, eses 180 proxectos contaron co apoio económico de máis de 5 millóns de euros procedentes do 0,7% do IRPF asignado polos cidadáns a través das casas destinadas á Igrexa católica e a doutros Fins Sociais de interese xeral.

rn

Foto 4Unha mostra desas boas prácticas que Cáritas impulsa co compromiso solidario dos contribuíntes é o proxecto Incasa de Cáritas Diocesana de Salamanca, que contou o pasado ano cunha partida de 52.000 euros procedentes do IRPF, o que permitiu acompañar a 900 persoas no seu itinerario de inserción laboral.

rn

Dentro deste proxecto deséñanse diferentes liñas de acción en función das necesidades de cada persoa, que inclúen distintos módulos de preparación para o emprego a través de talleres, pre-talleres ou cursos de formación laboral, xunto a servizos de información e orientación laboral, ou o apoio a iniciativas de autoemprego. Un gran número das persoas que participan neste programa son persoas inmigrantes en situación especialmente precaria.

rnrn

Dobre axudaFoto 1

rn

Insistimos na campaña de Cáritas «Na túa próxima Declaración da Renda: mellor2» para convidar os contribuíntes a que marquen de maneira conxunta as dúas casillas solidarias da asignación tributaria: a destinada á Igrexa católica e a doutros Fins Sociais de interese xeral.