MEDALLA DE OURO DE GALICIAPARA O ARCEBISPO DE SANTIAGO
Recibiu a distinción pola sua contribución a promoción do Camiño e a sua colaboración na restauración da Catedral
O presidente da Xunta reconoceu que monseñor Barrio e “un dos grandes artífices deste logro que, dende 1996, desenvolve un traballo xeneroso e incesante”
O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio, recibiu de mans do presiente da Xunta a medalla de ouro de Galicia polo seu traballo de tantos anos na defenda e potencación do Camiño de Santiago “ e un dos grandes artífices deste logro”, dixo o xefe do executivo. O prelado recibiu a distinción pola sua contribución a promoción do Camiño e a sua colaboración na restauración da Catedral
Para o presidente, Alfonso Rueda, “O Camiño supón, por riba de todo, unha espiritualidade integradora sen a cal todo o demais ou non se entendería ou non sería posible”.
Cando se referíu o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio recordou que o prelado e “un dos grandes artífices deste logro que, dende 1996, desenvolve un traballo xeneroso e incesante que consegue que a efeméride xacobea manteña o seu fundamento cristián, sen excluír outras manifestacións espirituais. Velaí outra integración que amplía o atractivo do Camiño”.
Para Alfonso Rueda os méritos de monseñor Barrio “vense incrementados polo seu talante, eu son testemuña directa, sempre amable e disposto á colaboración coas Administracións públicas a prol desta obra común”. Insistiu o presidente en que o arcebispo “entende sempre que é posible unha vertente de desenvolvemento socieconómico e turístico do Xacobeo que, é tanto dicir como de Galicia, sen perder as esencias cristiás que él preserva e garante”.
O Camiño da unidade
“O Camiño de Santiago é a gran contribución de Galicia”,constatou Alfonso Rueda “sen ningunha dúbida, á cultura universal. Poucos pobos poden presumir de ter aportado ao patrimonio común da Humanidade un tesouro que discorre a través do tempo e cuxo eco se escoita en todas as latitudes.O Camiño é ademais un monumento vivo que non se contempla senón que se experimenta, se sinte e se transmite”.
Concluiu reflexando que “cada peregrino pode considerarse artífice do milagre da ruta xacobea, en unión con todos os que o precederon e con todos os que seguirán a súa pegada no futuro”.