MESA REDONDA SOBRE O PAPEL DA MULLER NA IGREXA
Celebrarase o dia 6 de marzo no Instituto Teolóxico Compostelán organizada polo colectivo Igrexa polo Traballo Decente
Con motivo do Día Internacional da Muller o colectivo Igrexa polo Traballo Decente organiza unha mesa redonda para abordar o tema do papel das mulleres na Igrexa, que se desenvolverá a modo espazo de reflexión e diálogo sobre o papel da muller no seo da Igrexa.
O evento terá lugar o xoves 6 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos do Instituto Teolóxico Compostelán, situado na Praza da Inmaculada,5, en Santiago de Compostela.
Para debatir sobre o tema participaran na mesa redonda:
– Fátima Noya (Delegada Episcopal para as Misións)
– Macamen Díaz (Relixiosa da Compañía de María)
– Pilar Farjas (Directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela)
– Eugenia González (Responsable UPAs Milladoiro e Teo)