Noticia

31 Ene

MONSEÑOR PRIETO FERÁNDEZ ACADÉMICO DE HONRA DA ACADEMIA  XACOBEA

No seu discursos o arcebispo falou da importancia do Camiño da Peregrinación

O arcebispo de Santiago monseñor Francisco José Prieto Fernández foi investido académico de honra da Academia Xacobea. O prelado durante a súa intervención falou do Camiño da Peregrinación e da importancia de camiñar para chegar a Santiago de Compostela.

A sesión solemne celebróuse no Paraninfo da Universidade de Santiago, donde tomaron a palabra o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o reitor da USC, Antonio López; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o secretario xeral, Ulises Bértolo, a académica Milagros Otero Parga, se encargou da lección inaugural do curso académico 2024 ,e Isidro García Tato de facer a laudatio do novo membro da Academia.

O arcebispo agradeceua “honra de ser nomeado Académico” e dedicou a súa intervención a destacar a importancia do camiñar, da viaxe, como elemento clave da condición humana e a reivindicar o termo peregrinación como a palabra que mellor define a existencia humana, do home entendido como Homo Viator. “O home está sempre en camiño e só cando está en camiño é plenamente home” explicou facendo mención tamén á cita apócrifa de Ortega e Gaset sobre o Quixote de que “o camiño é sempre mellor que a pousada”. E desde esa óptica, reivindicou tamén o valor do Camiño de Santiago e a importancia de preservar a súa esencia e identidade.