Noticia

11 Jun

«Non podemos ser os salvadores do traballo que ten que facer a administración»«Non podemos ser os salvadores do traballo que ten que facer a administración»

\r\n

O vicedirector de Cáritas Diocesana de Santiago afirma que non están desbordados, «pero sí agobiados, porque queremos atender a todos os que se dirixen a nos»

\r\n

Cáritas Diocesana de Santiago está a rematar o seu informe relativo a 2011, se ven xa fixo públicos algúns datos relativos ó ano pasado que deixan pouco lugar para o optimismo. Máis de 400.000 persoas, un 16,8 por cento dos galegos, están por debaixo do umbral da pobreza en Galicia debido ás «dificultades importantísimas» de acceso a dereitos básicos «como a vivenda, o emprego ou a alimentación». Este luns, en Radio Obradoiro, o responsable de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago, e vicedirector da entidade, recoñecía que o traballo «é complicado, porque día a día os datos van en aumento».

\r\n

Javier García Sánchez explicaba que en 2011 «atendemos a 71.598 persoas, case un 13 por cento máis que o ano anterior. Ademais, entre 2007 e 2011 o incremento da atención a persoas foi preto dun 160 por cento mais «. Ante esta situación, dixo, «non estamos desbordados pero sí un pouco agobiados porque queremos atender a todos os que se dirixen a nos».

\r\n

A respecto dos datos concretos de Santiago, «hai 17.108 persoas que se encontran no umbral da pobreza ou superando ese umbral. Delas, 8.037 están en pobreza relativa, que perciben ó longo do ano menos de 7.900 euros, e  1.401 están en pobreza severa, é dicir, perciben menos de 3.900 euros ó ano

\r\n

O vicedirector de Cáritas Diocesana de Santiago alertaba do «importante recorte» que están a sufrir as aportacións das administracións públicas, que cifraba cercano  un 20 por cento no tocante a esta entidade. Por sorte, destacaba, «hai un aumento do 19,8% nas colectas, doazóns e axudas dos particulares». De non ser por iso, engadía, «teriamos que pensar pechar diversos programas que agora son deficitarios». Segundo García Sánchez, «non podemos ser os salvadores do traballo que ten que facer a administración».