Noticia

10 Jun

O ALBERGUE “SAN JAVIER” DE PONTEVEDRA UNHA REFERENCIA DE AXUDA A PERSOAS EN SITUACIÓN DE RISCO E EXCLUSIÓN

“Unha porta aberta de oportunidades e de esperanza” (monseñor Francisco José Prieto Fernández, arzobispo de Santiago)

Aumenta a 27 o número de prazas dispoñibles para pasar a noite, así como tamén unha atención integral e personalizada

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidió a inauguración do novo Albergue “San Javier” en Pontevedra, de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela -Interparroquial de Pontevedra, destinado a persoas sin fogar. Para o prelado a inauguración do centro “quere ser unha forma de visibilizar unha preocupación e un compromiso que dignifique a vida das persoas que viven sen fogar”.Insistindo en que é unha chamada “a sociedade para que ninguén sen fogar sexa unha realidade”. Constató que as novas dependencias teñen que ser “unha porta aberta de oportunidades e de esperanza”.

O novo albergue, que substitúe o antigo situado en Monte Porreiro, aumenta o número de prazas dispoñibles para pasar a noite, así como tamén unha atención integral e personalizada.O obxectivo é o de promover a inclusión das persoas sen fogar e a súa participación na sociedade.

 Colaboración institucional

O director de Cáritas Diocesana, Anuncio Mouriño falou dos traballos realizados e o futuro para as dúas plantas sobre as que se vai a traballar. Sinalou que as obras se realizaron sendo arcebispo, monseñor Barrio. Pola súa banda Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social mencionou a colaboración que desde a administración mantense con Cáritas. Indicou que este edificio era un reto moi importante para traballar e axudar ás persoas sen fogar

Ninguen sin fogar

“Vivir sen fogar”, sinalou o arcebispo, “é unha das exclusións máis duras que pode sufrir unha persoa”. Pensa que a situación adoita levar unha exclusión social, sanitaria, “e tantas veces vivencias traumáticas que afectan á propia saúde mental”. Recordó que Cáritas na sua campaña, “Ninguén sen fogar, ninguén fóra de cobertura”, denuncia que hai demasiadas persoas, “desconectadas da máis elemental dignidade”. E constata feitos concretos:dereito á liberdade, á educación, á cultura, á sanidade, o traballo, a vivenda, a construír unha familia, a participar da sociedade.

 Caridade

En relación coa Caridade, monseñor Prieto Fernández, fixo fincapé en que non podemos permanecer como meros espectadores, nin sequera como meras voces críticas, “senón que estamos chamado a ser, como nos lembra o papa Francisco en Fratelli Tutti, a parte activa na rehabilitación e auxilio das sociedades feridas”. Por iso di, “a nosa caridade non pode ser meramente paliativa ou asistencial, senón que debe ser preventiva, curativa e propositiva. Caridade é acompañar, abrir portas, ofrecer posibilidades que permitan vivir con xustiza e dignidade”.

 Placa e percorrido

O arcebispo de Santiago monseñor Prieto Fernández, bendixo as instalacions, e seguidamente acompañado da directora de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, Conchita Vázquez Val, descubriron a placa conmemorativa na que se di que foi inaugurado o centro polo actual arcebispo e que as obras levaron a cabo sendo arcebispo monseñor Barrio. Seguidamente e guiados polos arquitectos do proxecto realizaron unha visita polas instalacións do novo centro

 Maior capacidade

No novo Albergue aumenta a capacidade das camas as 27 prazas, con mellora da súa usabilidade e accesibilidade e edispon dun servizo de estancia para mulleres.

Na planta baixa atópase a administración, despachos, voluntariado, recepción, punto de calor e café, comedor común, aulas formativas, almacén, duchas, baños, lavandería e un roupeiro.

A planta superior é o albergue de curta e longa estancia donde están os dormitorios masculinos e femininos en extremos opostos pero compartindo unha zona central formada por un salón social, comedor e despensa. O acondicionamento para homes consta de 5 habitacións abertas de tres camas cada unha, coa súa correspondente zona de aseo común é posibilita a estancia de até 20 usuarios, utilizando unhas liteiras .A parte destinada as mulleres ten dúas estancias abertas que posibilita a pernotación de 7 mulleres coa súa correspondente zona de aseo, sendo  esta una novidade  para suplir unha necesidade inexistente na cidade de Pontevedra.