Noticia

25 Jun

O TRABALLO DAS CÁRITAS DE GALICIA EN “OLLADAS  INCLUSIVAS”

“Cáritas é construtora de Comunidade” (monseñor Barrio, arcebispo de Santiago)

 Fabiola García , conselleira de Política Social:

“Cáritas é exemplo de loita polos dereitos de todos

 A exposición se pode visitar, durante un mes, nas instalacions da Xunta en San Caetano

 

As Cáritas Diocesana de Galicia participan na exposición organizada pola Xunta , a través da consellería de Política Social, que se titula “Olladas Inclusivas”. Nela preséntase un enfoque e a visión gráfica das iniciativas e do traballo que se desenvolve en cada unha delas para axudar ás persoas máis desfavorecidas.A mostra busca dar máis visibilidade o traballo que realizan día a día as cinco institucions caritativas da Igrexa.

Durante a inauguración o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio falou de que “Cáritas é constructora de comunidade , expresando a solicitude da Igrexa os necesitados , a fin de que se favoreza a fraternidade humana. O seu obxetivo fundamental é converter a vida de caridade en feito comunitario, nun modo de vivir e expresar a comunidade no seu compromiso de amor fraterno”. Pola súa banda a consellería de Politica Social Fabiola García insistiu en que Cáritas “é exemplo  de loita polos dereitos de todos, de constancia para construír unha sociedade mellor e de solidariedad.”

Datos conxuntos de Galicia

Nos panales da mostra presentase informacions e fotografías do traballo desenvolvido por cada una das cinco Cáritas Diocesana de Galicia. Na información conxunta  dícese que na nosa Comunidade Autónoma existen  475 puntos de atención, que foron 83.934 as persoas beneficiarias das actuacions desenvolvidas, que forman parte da institución 5.103 voluntarios e 229 contratados. En canto os aspectos económicos os recursos invertidos para a acción social de atención os más necesitados sopuseron 13.259.040 euros, as aportacions recibidas da Xunta alcanzaron os 4.228.247 euros, e dos fondos públicos (administración central diputacions, concellos, e UE), se recibiron.5.825.426 euros.

A fraternidade humana

Para o arcebispo de Santiago “Cáritas non é unha institución de asistencia, nin de promoción, nin de desenvolvemento, senon un órgano de animación e de coordinación das iniciativas de asistencia, de promoción e de desenvolvemento que teñen que ser emprendidas pola comunidade cristiá, polos membros e grupos de esta, con motivación de caridade e xustiza, en perspectivas dunha liberación de sentido evanxélico”

Seguidamente o prelado na súa intervención pasou revisión as actividades e programas que desenvolve

Cáritas “na dimensión universal da Caridade”. Para monseñor Barrio a pobreza é un fenómeno estructural, “ non se produce por casualidade ou soamente por causas individuais. Isto significa que o noso mundo está organizado de tal maneira que xera pobreza e exclusión. Sempre hai uns últimos que saen perdendo”.

Galicia máis solidaria

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o traballo diario que realiza Cáritas na construción dunha Galicia cada día máis solidaria.Fixo fincapé na importancia desta exposición para dar máis visibilidade ao traballo que realizan día a día as cinco delegacións que ten Cáritas en Galicia. Neste sentido, gabou esta entidade “por ser exemplo de loita polos dereitos de  todos, de constanecia para construír unha sociedade mellor e de solidariedad”.

Ademais, a conselleira garantiu o apoio da Xunta a programas que pon en marcha esta asociación e que facilitan a integración social e laboral das persoas migrantes, a ruptura de barreiras laborais ás que aínda se enfrontan as mulleres, a conciliación da vida persoal e laboral e a cobertura de necesidades sanitarias, residenciais e alimentarias daqueles que se atopan nunha situación de desprotección.

Diocesana de Santiago

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela escolleu para a mostra unha colección de fotografías do traballo que leva a cabo nos distintos centros e programas.Todo iso incorporouse en seis apartados : O noso traballo; centros; atención; iniciativas; empresas de inserción e voluntarios.

O Noso Traballo.-. Acompañamos a persoas que se atopen en risco ou situación de exclusión social, para que eles mesmas sexan os protagonistas do seu propio desenvolvemento integral, desde o compromiso da comunidade cristiá.  Supón o cumprimento, dunha maneira organizada, do mandato evanxélico do servizo aos irmáns, e inclúe a sensibilización social.

O Noso Traballo o desenvolovemos en áreas de actuación: Acción de Base; Minorias; Formación, Emprego e Economía Social; Saúde;Familia, Infancia e Mocidade; Recluídos e Ex Recluídos, e Persoas Sen Fogar.

Centros.-.Algúns deles levan máis de cuarto de século de funcionamento. Entre os operativos  destacamos catro:

Vieiro, o Centro de Atención Social Continuada que persegue a atención de situacións de exclusión social severa, cun carácter de atención socio-sanitaria, para peroas sen fogar.

Abeiro, de apoio a Familias Monoparentais coa finalidade de conseguir a plena integración deste tipo de familias na súa contorna máis próxima.

Violetas,centro de formación de referencia nacional que leva 25 anos traballando para que as persoas en desemprego e en situación de vulnerabilidade social teñan novas oportunidades de formación e emprego.

Vagalume, é o programa de atención a mulleres en situación de prostitución e de trata con fins sexuais

Atención.-. Destacar o labor que se leva a cabo en múltiples centros: residencias para maiores, centros de día, comedores sociais, centros de formación, albergues para transeúntes, casas de acollida, residencias para mulleres, centros infantís ou roupeiros. Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela  con este labor pretende acoller e acompañar ás persoas que se atopan en risco o situación de exclusión social

Iniciativas.-. Se puseron en marcha distintas iniciativas entre as que escollemos tres:

Sillón Solidario, para a atención social en odontoloxía integral básica e primaria, adulta e infantil para persoas  con dificultades económicas.

Ópticos ,os internos do Centro Penal de Teixeiro que carezan de recursos económicos e que padezan limitacións ópticas, son atendidos por medio dun convenio de colaboración

Economato,en A Coruña abriu as suas portas o primerio economato de Cáritas Diocesana co obxetivo de facilitar a distribución de alimentos e productos de hixiene e destinado as persoas mais desfavorecidas

Empresas de Inserción.- Trátase de incorporar ao mercado laboral, por medio de empresas de  inserción, a colectivos das persoas máis desfavorecidas ou que están en risco de exclusión social. A primeira destas iniciativas foi ARROUPA empresa que realiza o seu traballo no campo da reciclaxe textil. A ecoloxía agrícola se desenvolve por medio de  AHorta .

Voluntarios.- Son elementos esenciais da identidade para desenvolver a acción social de Cáritas, que implica realizar un servizo desinteresado, libre, gratuíto e responsable en beneficio da comunidade. Trátase do principal activo, a columna vertebral que ten a institución que dá gratis o que recibe gratis: o amor