PROGRAMA DE ASISTENCIA A MULLERES VITIMAS DA PROSTITUCIÓNPROGRAMA DE ASISTENCIA A MULLERES VITIMAS DA PROSTITUCIÓN
Promovido polas secretaria de Igualdade e Emigraciuón
\r\n
A secretarías xerais da Igualdade e da Emigración destina este ano 341.000 euros ao programa de prevención e asistencia ás mulleres vítimas da prostitución, trata e explotación sexual, coa colaboración de diferentes ONGs e entidades especializadas na atención a estas vítimas.Para formalizar esa colaboración tivo lugar a sinatura dos respectivos convenios entre ambas as dúas secretarías e as entidades colaboradoras, entre as que se encontraba Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, representada polo seu Director, José Anuncio Mouriño Raño.Durante o acto celebrado na EGAP, a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e o secretario xeral da Emigración, José Santiago Camba, firmaron os protocolos de colaboración
\r\n
Con este acordo dáse continuidade ao programa iniciado o pasado ano, coa finalidade de reforzar e ampliar os servizos que cada unha destas institucións xa presta a estas mulleres, mediante accións de diversa natureza, como son a acollida; asesoramento, información e orientación; a atención psicolóxica; a formación e orientación laboral; o acompañamento no proxecto persoal; a atención sociosanitaria ou a integración social\r\nEste programa deu comezo en 2010 no marco do protocolo de actuación institucional asinado pola Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma ao obxecto de articular unha liña de actuación conxunta multidisciplinar dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e dar unha resposta integral e específica ás mulleres inmigrantes que exercen a prostitución en Galicia, vítimas desta problemática.Como resultado do primeiro ano de colaboración foron atendidas ao abeiro deste programa un total de 3.645 mulleres en Galicia -1.750 na provincia de Pontevedra, 993 en Ourense, 673 na Coruña e 229 en Lugo-.
\r\n
Esta realidade debe ser unha “alerta permanente para toda a sociedade e especialmente para quen temos a responsabilidade de decidir as políticas sociais”, segundo a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, que reiterou o compromiso do departamento “para seguir no camiño iniciado, con máis medios, con máis determinación e con máis presuposto que o ano pasado a pesares da crise”. Pola súa banda, Camba destacou o importante esforzo orzamentario que realiza a Secretaría Xeral da Emigración
\r\n
Os países de orixe máis frecuentes das mulleres que exercen a prostitución en Galicia son Brasil, Romanía e Nixeria.
Promovido polas secretaria de Igualdade e Emigraciuón
\r\n
A secretarías xerais da Igualdade e da Emigración destina este ano 341.000 euros ao programa de prevención e asistencia ás mulleres vítimas da prostitución, trata e explotación sexual, coa colaboración de diferentes ONGs e entidades especializadas na atención a estas vítimas.Para formalizar esa colaboración tivo lugar a sinatura dos respectivos convenios entre ambas as dúas secretarías e as entidades colaboradoras, entre as que se encontraba Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, representada polo seu Director, José Anuncio MouriñoRaño.Durante o acto celebrado na EGAP, a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e o secretario xeral da Emigración, José Santiago Camba, firmaron os protocolos de colaboración