SOLIDARIDADE COAS PERSOA SEN FOGAR E OS POBRES
A Cáritas de Monte Porrreiro celebrou unhas xornadas de sensibilización
A Cáritas parroquial de Monte Porreiro organizou diferentes accións de sensibilización con motivo de dúas conmemoracións importantes, o Día das Persoas sen Fogar e a Xornada Mundial dos Pobres . “Foi unha experiencia moi fermosa de hospitalidade, de acollida mutua, de encontro, de pequena semente de Reino de Deus, que derriba fronteiras e abre o corazón á fraternidade nesta nosa Casa Común”, sinalan os responsables da entidade.
Falouse do camino “longo e difícil, como nos comparte Santiago, o protagonista, camiño que é importante facer xuntos, en comunidade”. As ofrendas presentadas foron unhas pedras (símbolo das dificultades e atrancos), unha mochila (a carga de experiencias dolorosas) e unha lanterna (representa as persoas que son luz e apoio nese camiño). Despois da consagración proxectouse un víde da Campaña no que se escoitan os pasos de Santiago,de Luísa, de Cristhian , de Magaly, de Juan e os nosos, “porque é importante e imprescindible camiñar xuntos”.
Para poñer en práctica o reflexionado dende a sensibilización e denuncia ao remate da misa tivo lugar a “Sopa solidaria”, unha actividade que se leva a cabo dende hai dez anos arredor dunha mesa compártese un plato de sopa vexetal, preparada por unha persoa do equipo de Cáritas parroquial.Nela participaron ademais voluntarias da veciña Cáritas de Mourente, así como por vez primeira unha parella do programa de vivenda de Cáritas Interparroquial, acompañados da traballadora social.