Noticia

28 Sep

VI Xornadas Interdiocesanas de Pastoral Penitenciaria

Celebrase en Santiago o día 6 de outubro

Con o lema “A Igrexa que evanxeliza no cárcere, signo de esperanza” se celebranse na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela (Campus Sur da Universidade”, as VI Xornadas Interdiocesanas de Pastoral Penitenciaria,nas que se contará como ponente coa presencia de P. Florencio Roselló, director do departamento de Pastoral Penitenciaria da Conferencia Episcopal. O encontro está aberto a todalas persoas que traballan neste campo da xuda e asistencia, e a todas aquelas que estén interesadas no tema.

Mensaxe do arcebispo

“Desde as orixes do cristianismo,a Igrexa foi moi sensible ásituación dos homes e mulleres privados de liberdade e ás condicións innegociables de respecto á súa dignidade en que debe desenrolarse a execución das sentencias penais”, sinala nunha Carta Pastoral o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.

O prelado recorda que hoxe brindase atención pastoral a estas persoas privadas de liberdade a través da Pastoral Penitenciaria e as súas capelanías, “ás que se incorporou un voluntariado cualificado e xeneroso que trata de respostar ás necesidades das persoas e que aspira a que o triste camiño que os levou á cadea non se volva apercorrer máis”.

Programa da Xornada

O  encontró, no que participaró como ponente o P. Florencio Roselló, director do departamento de Pastoral Penitenciaria da Conferencia Episcopal.

Rexirase polo siguiente horario:

  • 10:00 Acollida e inscripción.
  • 10:30 Oración inicial.
  • 11:00 1ª ponencia: A Pastoral Penitenciaria hoxe en España”.
  • 11:50 Descanso e café
  • 12:15 2 ª ponencia: A Pastoral Penitenciaria e a Parroquia”.
  • 13:15 Celebración eucarística.
  • 14:00 Xantar.
  • 16:00 Exposición e vídeo-fórum: “Esceas do cárcere”.
  • 17:30 Despedida.
Axuda os presos

A Pastoral Penitenciaria é a Igrexa que atende ós seus presos e que desenvolve un servizo de caridade ás persoas privadas de liberdade, “é algo esencial, que lle pertence a comunidade cristiana desde os seus primeiros tempos”, señalase nun documento no que se define o traballo.Trátase dunha evanxelización que se desglosa en tres dimensións: a atención relixiosa e sacramental dos internos, a promoción social nunha realidade de grandes carencias humanas, e a complementación e asesoramento xurídico.

Insistese en que a atención ós presos non é só visitar o cárcere, senón tamén atender á prevención e o acompañamento na saída para unha verdadeira inserción social. Constátase que a Pastoral Penitenciaria non é unha entidade especializada paralela á diócese, “senón que aspira a ser transversal a toda a vida da comunidade cristiana, ó tempo que colabora coa Administración e coas demais organización”

 

 

Artículos Relacionados