VIXILIA CONTRA A TRATA EN MONTE PORREIRO
En memoria de Sta Xosephina Bakhita, santa sudanesa
A parroquia de Monte Porreiro leva varios anos celebrando unha Xornada de Reflexión contra a trata de persoas, “drama terrible que padecen millóns de persoas no mundo, especialmente mulleres”.Nesta ocasión celebrouse en memoria de Sta Xosephina Bakhita, santa sudanesa da que se dixo que vivíu nas súas propias carnes, dende moi noviña, ao ser vendida en varias ocasións a amos que deixaron marcado no seu corpo as cicatrices dos latigazos que lle propinaron. Sobre a santa recordouse que “grazas ás últimas persoas que entraron na súa vida, en especial as relixiosas da Caridade, descubríu o inmenso Amor dun Deus cercano. E posteriormente adicou o que lle quedou de vida a acompañar e aliviar a dor da xente enferma”.
Nesta ocasión foron dous actos de sensibilización:a Eucaristía e unha Vixilia de Oración.Na Eucaristía a monición de entrada fixo referencia a que a trata é algo que está presente en todo o mundo. As ofrendas consistiron na presentación do cartel co lema deste ano: «Embaixadoras de Esperanza. Xuntos contra a trata de persoas», así como uns corazóns con palabras referentes a actitudes positivas: bondade, xenerosidade, alegría, solidariedade…
Despois da consagración proxectouse un vídeo do Papa, onde fai unha denuncia clara deste drama que ocasiona o sufrimento de tanta xente, invitando a acompañalas.
Na Vixilia de Oración tomouse como referencia o texto proposto para a Xornada.Foron intercaladas oracións, cancións e a lectura de testemuñas de sobrevivintes de trata, que remataron cunha mensaxe de esperanza que as acompañe no camiño de recuperación e sanación. A Vixilia rematou co canto do Himno á Alegría, collidos das mans.
Nos actos de sensibilización participaron tamen fieis de outras parroquias, Sta María, Mourente, O Burgo, acompañados dos seus respectivos párrocos.