Noticia

02 May

Plan de Acción 2023-2025

PARA CAMIÑAR XUNTOS 

Nas súas mans o Plan de Acción 2023-2025 para a Infancia, Xuventude e Familia, de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Trátase dun documento, acordado polos diversos sectores, técnicos e do voluntario , que traballan nestes campos sociais, no que se pon en valor os distintos desenvolvementos para atender a ese amplo colectivo en situación de risco e vulnerabilidade e poderlles dar un ambiente familiar de protección, seguridade e afecto. 

En letra impresa, como ocorre cos plans de actuación, déixase constancia de que a metodoloxía de actuación está fundamentada en velar polo benestar da familia na súa totalidade, lembrando que entre os seus membros existen relacións e vínculos que son os que fan que aparezan condutas e situacións que precisan ser atendidas. 

Os diferentes programas existentes en Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, foron o xerme inicial para elaborar a materia que agora se presenta en marcada como un Plan de actuación e de acción para a infancia, a mocidade e a familia Servirá por tanto como compromiso e guía para poder actuar desde distintos programas pensando sempre en acoller, acompañar en intervir durante as actuacións que se poidan presentar para conseguir os mellores logros co traballo desenvolvido. 

Sinalar, finalmente, que coa posta en marcha do Plan perséguese abrir novos camiños para poder visibilizar e traballar de forma coordinada con eses colectivos vulnerables como son a infancia, a mocidade e a familia. 

Equipo de Redacción