ANIMACIÓN COMUNITARIA E VOLUNTARIADO
O principal sinal de identidade de Cáritas é o compromiso desinteresado dos seus voluntarios, que enraizado na mensaxe de Xesús nos orienta cara o traballo polos irmáns, e dun xeito preferencial por aqueles irmáns que peor o están a pasar.
1.100 voluntarios colaboran na Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, ben a través dos seus centros dependentes ou ben directamente nos grupos de voluntarios das Cáritas Parroquiais ou Interparroquiais.
Na nosa extensa Diócese, os nosos voluntarios adáptanse ás distintas realidades e tipoloxías de problemáticas sociais: zonas urbanas cunha poboación máis densa, zonas rurais cun maior aillamento da poboación e máis envellecida, zonas de paso habituais de transeúntes e persoas sen teito, zonas con maior acollida de inmigrantes, lugares onde as drogodependencias teñen una maior impacto, etc.
Tentando coordinar, formar e acompañar a todas as parroquias que viven as distintas realidades está o Departamento de Animación Comunitaria con proxección en tódalas parroquias da Diócese e está á súa disposición promovendo diferentes iniciativas seguindo unha programación conxunta.
Os seus obxectivos son:
- Animar e revitalizar as comunidades parroquiais.
- Acompañar os procesos persoais das voluntarias/os.
- Promover accións de sensibilización que consigan novos voluntarios e queiran unirse ao labor de Cáritas.
- Promover a formación de novas Cáritas Parroquias.
- Promover un voluntariado “de calidade” baseado nunha formación sólida, un compromiso baseado na súa fé e na ilusión por construir un mundo mellor.
- Desenvolvemento do rural, con accións en camiñadas á posta en valor do papel dos mozos e mozas, da muller e das persoas maiores .
Para obter estes obxectivos, realizaronse as seguintes actividades:
- Participación nas campañas nacionais (Nadal, Día de Caridade, Día dos sen Teito, etc) e internacionais.
- Charlas de sensibilización en parroquias onde non hai grupos de Cáritas.
- Reunións de coordinación e seguimento dos grupos de Cáritas parroquiais.
- Coordinación a nivel de Zona Pastoral, na busca de pasos cara unha Cáritas de Zona con distintas reunións levadas a cabo cos distintos arciprestados
- Xornadas de Captación de Voluntariado para revitalizar con novas persoas os grupos de Cáritas xa existentes.
- Xornadas Sociais de sensibilización sobre distintas problemáticas.
- Pariticipación en distintos actos do Día Internacional do Voluntariado, Congresos de Voluntariado.
- Encontros Interparroquiais, Diocesano e Galego dos voluntarios de Cáritas.
- Participación en plataformas e coordinadoras sociais: Grupos de Desenvolvemento Rural, Coordinadora Galega de ONGs, Rede de Oficinas Municipais de Voluntariado, etc.