Noticia

27 Jun

Cáritas alerta do aumento dos «pobres de gravata»Cáritas alerta do aumento dos «pobres de gravata»

A institución atendeu en Santiago case 67.000 persoas, que supoñen un 25% máis que no ano 2009

\r\n\r\n

Galicias Hoxe,Redacción . Santiago

\r\n

Un total de 63.854 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela en 2010, un incremento do 25 por cento con respecto a 2009 -12.970 atendidos máis- debido á crise económica.

\r\n

Así o explicou o director de comunicación da entidade, Javier García, na presentación dos datos de organización católica durante o exercicio 2010, e na que tamén participou o Delegado Episcopal, Jesús García Vázquez, e o director de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, José Anuncio Mouriño. Neste escenario, Javier García expresou que, o momento, «significou un desafío para a institución» e un «esforzo notable» de diversificación e ampliación de recursos de Cáritas -Diocesana, interparroquial, Parroquial-, para «dar resposta» ás necesidades das «vítimas da crise económica actual».

\r\n

En concreto, as actividades destinadas a «servir á acción caritativa e social» na Diocese de Santiago de Compostela, buscaron dar resposta «ás realidades de pobreza e exclusión social» nun total de 223 Cáritas Parroquiais, e nas que prestaron servizos 1.200 voluntarios que colaboran en 1.070 comunidades parroquiais. Segundo detallou o responsable de Comunicación e Publicidade, das 63.854 persoas atendidas por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, unhas 46.906 eran nacionais -73,45 por cento- e 19.948 inmigrantes -26.31 por cento-.

\r\n

Ademais, destacou que «a crise económica disparou en 2010 nun 112 por cento» o número de persoas que necesitan recibir atención primaria -respecto a 2009, como reflicte o feito de que, do total de atendidos uns 52.637 persoas recibiron este tipo de asistencia.

\r\n

Por zonas, os lugares onde máis persoas necesitaron servizos de atención primaria en 2010 foron A Coruña, con 23.586 persoas atendidas, Santiago con 4.938 persoas, Arousa (Pontevedra) con 4.333. Así, o municipio coruñés de Carballo atendeu 2.044 persoas, mentres que Pontevedra a 1.304. A entidade católica tamén realizou diversos cursos de formación e orientación laboral nos que participaron 11.217 persoas no pasado ano 2010, representando un aumento do 361 por cento que en 2009 -8.114 persoas máis-.

\r\n

Pola súa banda, o director de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, José Anuncio Mouriño, manifestou que «só cos recursos» que a entidade recolle nas colectas «non podería facer fronte» a «todas as actividades que leva a cabo», pois estes «normalmente son directamente empregados en accións de atención primaria como a subministración de alimentos».

\r\n

Agradeceu a axuda das administracións, tanto autonómicas, provinciais como locais, como «grandes colaboradoras» da entidade, así como de entidades como a Fundación Pedro Barrié de la Maza ou a Fundación Novacaixagalicia.

\r\n

Por último, o director de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela fixo fincapé sobre «a preocupante aparición e grande incremento» dos «pobres de gravata». Segundo explicou, estes «son empregados de clase media que utilizaban gravata para o seu traballo» e o seu salario oscilaba entre os «1.000 e 2.000». Así, como expresou, cada vez hai mais persoas destas características que, «tras perder» o seu posto de traballo, atópanse na rúa». Engadiu que, estes problemas económicos «pode acabar rompendo as parellas» e sinalou que os homes teñen maior risco de exclusión.

\r\n

A CERNA

\r\n

Cáritas destaca o «amplo labor» de formación que levou a cabo Cáritas, que foi realizado «coñecendo as grandes dificultades que existen para atopar traballo» e tendo en conta o valor da «formación».