Noticia

22 Jun

UN PISO DE CÁRITAS PARA ACHEGADOS DE DOENTES DO CHUSUN PISO DE CÁRITAS PARA ACHEGADOS DE DOENTES DO CHUS

Galicia Hoxe, Santiago

\r\n

Cáritas, ante a situación pola que atravesan familiares acompañantes de persoas hospitalizadas e pacientes que teñen que someterse a determinados tratamentos, habilitou en Santiago un piso, que empezará a funcionar en setembro, que pretende ser un espazo de acompañamento e encontro no que os achegados de persoas hospitalizadas poidan tomar un respiro así como recibir apoio.

\r\n

Esta iniciativa enmárcase no «Proxecto Xenia», que está coordinado por Cáritas Milladoiro e conta coa colaboración de Cáritas Diocesana de Santiago e a capelanía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). A iniciativa busca, segundo explicou Cáritas, «acoller os familiares que acompañan persoas hospitalizadas nos procesos de falta de saúde do seu familiar e axudalos a asimilar e a afrontar as consecuencias previsibles da evolución desas enfermidades de longa duración».

\r\n

Tamén vai dirixido a persoas que reciban tratamentos ambulatorios e que non conten cunha rede familiar-social de apoio que as acompañe nas primeiras horas, nas que determinados tratamentos «provocan con frecuencia efectos secundarios máis ou menos agresivos», segundo indicou, como en procesos de tipo oncolóxicos.

\r\n

Para prestar os servizos de acollida Cáritas habilitou un piso situado na Avenida de Montevideo, en Santa Marta, en Santiago, a cinco minutos do CHUS. A vivenda, que será atendida por dez voluntarios formados para iso, está dotada de dous dormitorios, dous cuartos de baño completos e un salón. O director de Cáritas Milladoiro, Antonio Rodríguez explicou que poderán utilizar este servizo familiares de pacientes que precisen hospitalización de media ou longa estancia; que non teñan o lugar de residencia en Santiago nos arredores -a máis de 15 quilómetros de Santiago-.

\r\n

Estancias de ata tres xornadas

\r\n

Os beneficiarios poderán gozar de estancias de aloxamento, nunca superiores a tres días por semana; por horas en momentos concretos do día; ou utilizar os servizos hixiénicos e a sala de estar. Cáritas de Santiago axuda á promoción humana e ó desenvolvemento integral da dignidade de toda as personas.

\r\n\r\n