Data: 25/04/2017

CUNHA EUCARISTÍA NA CATEDRAL CLAUSURARASE O SÍNODO DIOCESANO

Presidirá o acto o arcebispo de Santiago

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá na catedral unha Eucaristía coa que se porá fin a máis de catro anos de traballo do Sínodo Diocesano. A cita será o sábado día 29 ás 12 da mañá na basílica compostelá e a ela están convidados todos os diocesanos.

Os traballos do Sínodo Diocesano finalizaron o pasado mes de xaneiro. As asembleas xerais comezaran as súas sesións no mes de outubro sobre os relatorios que foran sometidas a estudo. Agora todo ese material, xunto ás achegas realizadas nas asembleas sinodales, serán aprobadas formalmente polo arcebispo e converteranse, dese modo, en normativa diocesana.

Nun documento final que os sinodales deron a coñecer ao terminar os seus traballos apelábase á esperanza de todos os diocesanos tras o longo camiño percorrido desde o ano 2012.A mensaxe dirixíanse a todos os diocesanos para animalos a participar nesta etapa, “que será a máis fecunda, na que as orientacións sinodales haberán de porse en práctica”. Constatan que de todos, sacerdotes, relixiosos e seglares, “cada un desde a súa propia responsabilidade eclesial, dependerá que todo isto non quede nun soño”.

Unha das realidades que nacen coa luz sinodal é a Escola Diocesana de Axentes de Pastoral, cun Plan de Formación que se desenvolverá ao longo de dous cursos e que será o itinerario diocesano de discípulos misioneiros, e xorde como unha iniciativa manifestada por grupos de reflexión sinodal. Terá como finalidade coordinar as experiencias formativas existentes na Igrexa local de Santiago de Compostela, así como da necesidade de ir preparando aos laicos que van colaborar máis estreitamente nas futuras unidades pastorais.