Data: 24/04/2017

O CARDEAL TAGLE CONVIDA A «IR AO ENCONTRO DOS POBRES PARA SER PARTE DA SÚA HISTORIA E QUE ELES O SEXAN DA NOSA»

O arcebispo de Manila lembra que “os pobres son capaces de ensinarnos valores dos que o sistema dominante carece”

As XVII Xornadas de Teoloxía da Caridade organizadas por Cáritas Española na capital galega concluíron cun protagonista de excepción, o cardeal Luís Antonio Tagle, arcebispo de Manila e presidente de Cáritas Internationalis. O purpurado, un dos colaboradores máis próximos do Papa Francisco, presentou o último relatorio deste encontro –que reuniu no tres últimos días na capital galega a máis de 350 participantes procedentes de todo o país? sobre o tema ?O cambio de actitudes que necesitamos para avanzar nunha economía solidaria?.

O cardeal Tagle desenvolveu a súa exposición en estreita coherencia co título elixido e interpelou á audiencia sobre as nosas actitudes ante o drama da pobreza e a desigualdade. ?Ver as feridas das persoas pobres ?asegurou? obríganos a adoptar unha decisión: ignorareinos ou os acollerei e levareilles unha cura, como fixo o Bo Samaritano?. A súa invitación foi a de ?ir ao encontro dos pobres, da xente que sofre para ser parte da súa historia e permitir que as súas historias sexan parte da nosa?.

Neste sentido, referiuse, citando a Francisco, á ?a falta de conciencia imperante ante os problemas que afectan aos excluídos, que obedece en parte a que moitos creadores de opinión, medios de comunicación e centros de poder globalizados en poucas áreas urbanas están demasiado lonxe dos pobres e teñen pouco contacto cos seus problemas?. ?E esta falta de contacto físico pode levar a unha cegueira?, apostilou.

En opinión do cardeal Tagle, ?cando nos achamos xunto aos pobres non deberiamos facelo desde unha posición de superioridade ou de forza, dicindo `eu veño como salvador´, senón como próximos que veñen coa vontade de aprender, porque os pobres son capaces de ensinarnos valores dos que o sistema dominante carece?.

Noutro momento do seu relatorio, o presidente de Cáritas Internationalis referiuse ao escándalo da desigualdade actual, onde, ?segundo datos de 2016 só 8 persoas en todo o mundo eran tan ricas como a metade de toda a poboación do planeta, é dicir, 3.600 millóns de persoas?. ?Pero é que o ano anterior ?engadiu? esas 8 persoas eran 62. Significa que o ano que vén van ser unicamente 4 persoas as que acaparen esa riqueza??. ?O que nos perturba é a idea de que toda esa riqueza, producida por tantos traballadores, non sexa distribuída equitativamente. Temos que reflexionar se non estamos a participar desa situación coa nosa indiferenza?, afirmou o cardeal.
“O asunto do crecemento -lembrou- non é un asunto de estatísticas, senón de persoas. Non é unha cuestión de números, porque falamos de persoas, de seres humanos coas súas expectativas, persoas que poderían ser eu mesmo, os meus irmáns ou os meus amigos”.

O presidente de Cáritas Internationalis concluíu a súa exposición cunha exhortación a ?construír unha nova orde económica na relación coas persoas máis desfavorecidas onde primen os valores, eses valores que os pobres teñen e que gardan como un tesouro?.

O cardeal Tagle estivo acompañado na mesa polo presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón, e o director de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, José Anuncio Mouriño.

Misa de clausura

Na catedral compostelá os participantes asistiron nunha Misa do Peregrino concelebrada polo cardeal Tagle, monseñor Barrio, arcebispo de Santiago, e o seu bispo auxiliar, monseñor Fernández, acompañados de numerosos sacerdotes entre os que se atopaban delegados episcopais de Cáritas.

“A inxustiza, a discriminación e a violencia son o efecto da falta de misericordia. Só a misericordia pode derrotalos. Este tempo noso necesita máis misioneiros de misericordia”, dixo o cardeal Luís Antonio Tagle, durante a homilía.O prelado insistiu en que é necesaria a procura continua “dun mundo máis xusto, amoroso e misericordioso”

Na súa homilía, o arcebispo de Manila, ademais de abundar nas ideas expresadas no relatorio, destacou a misión primordial que desenvolve Cáritas en todo o mundo “unha rede integrada por 165 Cáritas nacionais que están presente en máis de 200 territorios e rexións do planeta” para responder os retos da pobreza en todas as realidades de fronteira onde os dereitos e a dignidade das persoas son máis vulnerable