Que Facemos

A tarefa de Cáritas consiste en acoller e acompañar as persoas que se atopen en risco ou situación de exclusión social, para que eles mesmos sexan os protagonistas do seu propio desenvolvemento integral, desde o compromiso da comunidade cristiá. Supón o cumplimento, dun xeito organizado do mandato evanxélico do servizo aos irmáns, e inclúe a sensibilización social, para facer consciente ás nosas comunidades das distintas realidades de pobreza, a acción social, para axudar a que as persoas saian da realidade na que se atopan cara unha situación vital normalizada, a denuncia de situacións de inxustiza, e a comunicación cristiá de bens como expresión do compartir os bens que posuimos, que van desde os bens materiais ata os noso tempo, o noso afecto, os nosos “talentos”, etc.

Así pois, desde Cáritas queremos conseguir a construcción, entre todos, dun mundo que globalice a xustiza:

  • Desde a igualdade da persoa: ao servizo dos máis necesitados, sen atender a credos, culturas, etnias; ca finalidade última de que se convirtan en actores e suxeitos da súa propia historia.
  • Desde o traballo pola xustiza: loitando contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia, a discriminación e toda forma de violación dos dereitos humanos.
  • Desde a solidariedade e o compartir fraterno: para que todos sexamos verdadeiramente responsables de todos.

máis información >>

 

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela