Campañas

CAMPAÑA INSTITUCIONAL 2012-2013

“Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir” é o lema da Campaña institucional de Cáritas, que nos convida a tomar conciencia e compromiso coa realidade e co tempo histórico que nos toca vivir.

Tempos de crise, de desesperanza, de desolación para moitas familias, pero tamén tempo de oportunidade, de estar atentos ás sinais que nos falan de novos camiños, de novas formas de ser e facer.

Cáritas convídanos a reflexionar sobre a nosa relación co traballo, co que significa e co que esperamos del. Tamén sobre o noso modelo de convivencia e a importancia de tecer redes con outros. Proponnos un estilo de vida máis austero e consciente das nosas opción e do seu efecto sobre os demais, en especial, as persoas mais vulnerables da nosa sociedade.

Descargas:

Díptico Navidad

Cartel Navidad

Cartel Caridad

CAMPAÑA “PERSOAS SEN FOGAR” 2012

Un ano mais, Cáritas Española, coa colaboración de FACIAM, a fePsh ecdb272e(Federación de Entidades de apoio ás Persoas Sen Fogar) e a Xarxa d´atenció a Persones sense llar; impulsamos a Campaña das Persoas sen fogar na súa vixésima edición que este ano se celebrará o 25 de Novembro de 2012, co lema “SON DEREITOS, NON REGALOS. NINGUEN SEN FOGAR”. Dentro do marco iniciado en 2010 da Campaña “Ninuén sen Fogar” 2010-2015, na que xunto a FEANTSA Europa (Federación Europea de Organizacións Nacionais que traballan con Persoas Sen Fogar), decenas de entidades sociais da Unión Europea, traballan co lema “Acabar co senfogarismo é posible”.

Salvagardar os dereitos das persoas sen fogar é vital. É unha necesidade, non un luxo, e non é unha cuestión dos “dereitos da maioría” contra os “dereitos duns poucos”. O cómo un país trata ós mái fecbles reflicte a súa abordaxe dos dereitos humanos.

SON DEREITOS, NON REGALOS

SON DE TODOS, NON SÓLO MEUS

EN CUALQUERA MOMENTO (con ou sen crise), EN TODO LUGAR.Vídeo 20 Aniversario Campaña Persoas Sen Fogar

Descargas:

Cartel

Manifiesto

CAMPAÑA “PERSOAS SEN FOGAR” 2011

Cáritas Española, FACIAM e antiga Feantsa España) presentan no marco da Campaña Ninguén sen fogar 2010-2015, a súa campaña anual “Ninguén sen dereitos” que se celebra o día 27 de novembro de 2011.

As persoas en situación de sen fogar viven de forma extrema e cotiá a pobreza e a exclusión social. Por elo son discriminadas e excluidas.

Isto convérteas en “persoas indignas”. A discriminación que sofren lles limita o acceso ós dereitos fundamentais. O seu aspecto ou forma de comportarse son unha barreira para o resto da sociedade que non toma en conta a súa situación social e o seu sufrimento: durmir na rúa, falar solos, estar enfermos, a falta de hixiene, son realidades ás que nos acostumbramos e aceptamos como normais. Facemolos INVISIBLES.

Descargas:

Díptico

Guión Didáctico

Manifiesto

CAMPAÑA NAVIDAD 2011

“Vive sinxelamente para que oturos, sinxelamente, poidan vivirÉ o lema da nova campaña de sensibilización de Cáritas que ten como eixe principal a proposta de camiñar xuntos hacia un novo modelo social máis humano, evanxélico e xusto. Trátase dunha invitación a construir unha sociedade nova baseada na humanidade como unha gran familia que se interpela e se cuestiona sobre a realidade de pobreza e inxustiza que predomina no mundo.\r\nEstamos invitados a vivir este tempo de Nadal como unha oportunidade para cuestionarnos sobre as nosas eleccións personais e colectivas cotiás en relación co consumo, a sostenibilidade e a utilización dos recursos. O efecto das nosas opcións ten consecuencias directas sobre o planeta e o resto de persoas que habitamos no mundo, nas nosas ciudades e pobos.

Descargas:

Diptico Navidad

GUIA CAMPAÑA NAVIDAD

CAMPAÑA DOBRE CRUZ (IRPF 2011)

Con motivo do inicio da Campaña anual da Renda, tanto a Conferencia Episcopal Española como as entidades de acción social lanzaron, como cada ano, as súas respectivas iniciativas de sensibilización dirixidas a animar a tódolos contribuíntes a marcar a “X” nas casillas correspondentes da Asignación Tributaria.

Este ano, e como en anos anteriores, Cáritas pon en marcha unha acción informativa para recordar ós nosos colaboradores, socios e donantes a posibilidade de marcar simultáneamente nos impresos da Declaración da Renda as casillas do 0,7 por cento do IRPF destinadas á “Igrexa católica” e a “Outros fins de interese social”.

Descargas:
Cartel IRPF 2011

CAMPAÑA INSTITUCIONAL 2010-2011

Ano de Publicación: 2011 A Campaña Institucional de Cáritas “Unha sociedade con valores é unha sociedade con futuro” convidanos a adoptar unha serie de valores que nos achegan a vivir unhas relacións máis humanas e máis xustas. A fraternidade e o compromiso suman VOLUNTARIADO. No Ano Europeo do Voluntariado 2011, Cáritas proponche que poñas en xogo estes valores, que fagas xestos concretos para facer posible esta nova sociedade máis xusta para todos.

Descargas:
Cartel Campaña 2010
Material campaña niños
Material campaña jóvenes y adultos

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela