Emerxencias

 

AXUDA PARA PALIAR A HAMBRUNA NO CORNO DE ÁFRICA

Cáritas. 23 de jullo de 2011. Cada día chegan ó campo de refuxiados de Dadaab en Kenia 1.000 somalíes en busca de asistencia. Con el fin de

atender ós millóns de vítimas desta hambruna e conter o éxodo masivo de somalíes e etíopes, Cáritas está coordinando la resposta á emerxencia. En Somalia, un país ónde a Igrexa e as organizacións católicas atopan graves dificultades para levar a cabo o seu traballo, o obxectivo é, a través das contrapartes locais, instalar 1.200 carpas e prestar asistencia á poboación.

O bispo de Yibuti e presidente de Cáritas Somalia, Mons. Giorgio Bertín informaba, nunha conversa telefónica mantida onte que “Caritas está apoiando dende fai tempo accións humanitarias de distribución de alimentos en Mogadiscio e na provincia do Baixo Juba a través de contrapartes locais”.

“Non temos cartos para comprar comida en Nairobi –engade Mons. Pante–, pero temos boas estradas, temos unha boa rede de distribución a través do persoal das nosas parroquias e comunidades locais, a vosa axuda rápida salvaría moitas vidas que agora están en perigo”.

Nalgunas zonas, coma o Noreste de Turkana a malnutrición alcanza o 37,4% da poboación.

Cáritas Española, que apoia proxectos na rexión dende fai varios anos, mantenese en contacto permanente coas Cáritas locais, librou unha primeira partida de 100.000 euros e abriu unha campaña de emerxencia para canalizar a solidariedade dos donantes.

Campaña «CÁRITAS CO CORNO DE ÁFRICA»

Cómo colaborar:

Banco Gallego 0046 0001 29 0000701310

Nova Caixa Galicia 2091 0319 20 3040008096

Banco Pastor 0072 0134 44 0000100310

CÁRITAS ESPAÑOLA APOIA O PLAN DE ASISTENCIA DE CÁRITAS DE NÍXER PARA OS SUBSAHARIANOS QUE FUXEN DE LIBIA

Permitirá prestar axuda urxente a unhas 5.000 persoas durante 7 meses

Cáritas. 18 de abril de 2011.- Cáritas Española liberou unha partida de 50.000 euros procedentes dos seus fondos de emerxencia para apoiar o chamamento de axuda lanzado por Cáritas Níger para financiar un plan urxente de axuda ós emigrantes nixerinos que están fuxindo de Libia a causa da guerra e tentan volver ó seu país.

Axuda de primeira necesidade para 5.000 persoas

A principal dificultade destos desplazados está na lexanía entre o posto fronteirizo libio/nixeriano de Tumu e a primeira cidade de Níxer, que é Agadez. Trátase dunha distancia de 1.350 km de pleno deserto do Teneré, ónde se circula a través de pistas apenas trazadas, que solo poden coñecer expertos condutores de camións.

Por esa razón, Caritas Níger vai organizar unha oficina de acollida no posto fronteirizo de Madama para facer un censo das persoas que fuxen de Libia e facilitarlles un documento de viaxe que lles facilite tanto a súa asistencia técnica e social como a súa repatriación ó seu país de orixe ademais de entregarlles un lote de produtos básicos de urxencia, como produtos de hixiene, enseres domésticos, mantas, esterillas e mosquiteiras.

Este plan, que conta cun orzamento global de 471.000 euros e que será cuberto por diversas Cáritas donantes, permitirá garantir axuda de primeira necesidade a unhas 5.000 personas na zona de Agadez–Madama durante os próximos sete meses.

CÁRITAS PAKISTÁN RINDE CONTAS EN MADRID DA AXUDA PRESTADA A 250.000 DAMNIFICADOS POLAS INUNDACIONS DE 2010

Cáritas. 11 de abril de 2011.- Esta mañá celebrouse en Madrid, na sede de Cáritas Española, un encontro informativo con monseñor Joseph Coutts, bispo de Faisalabad e director nacional de Cáritas Pakistán; a secretaria nacional desa Cáritas, Anila J. Gill, e o coordinador para a Xestión de Desastres, Eric Franklin Dayal; que compareceron xunto a Natalia Peiró, directora de Cooperación Internacional de Cáritas Española.

O obxectivo desta cita, convocada con motivo dunha visita relámpago da cúpula de Cáritas Pakistán a Madrid, foi o de rendir contas á opinión pública española sobre os obxectivos alcanzados pola rede Cáritas nese país asiático dentro do ambicioso plan de resposta á emerxencia causada polas devastadoras inundacións que en agosto pasado arrasaron boa parte oaís, causando miles de vítimas e 21 millóns de afectados.

Axuda de emerxencia para 250.000 damnificados.

Como detallaron os responsables da Cáritas Pakistaní, gracias a este plan de resposta á emerxencia foi posible distribuir axuda de primeira necesidade – alimentos, produtos non perecedoiros e material de refuxio temporal, principalmente— a cerca de 250.000 persoas, ademais de proporcionar axuda médica de urxencia a outros 62.000 damnificados.

Esta operación humanitaria, que se levou a cabo nas dióceses de Hyderabad, Quetta, Multar, Faisalabad, Rawalpindi, Lahore e Karachi, contaron co apoio financeiro de Cáritas Española, que ata a data aportou á mesma un total de 200.000 euros.

“A nosa acción estivo aberta a todolos damnificados, independientemente da súa confesión”, explicou monseñor Coutts, un criterio de solidariedade de especial significado nun país como Pakistán, ónde os cristiáns representan apenas o 2 por cento dun país de 185 millóns de habitantes maioritariamente musulmáns.

CÁRITAS PERÚ: AXUDA ÁS VÍTIMAS DAS INUNDACIÓNS

Cáritas. 12 de abril de 2011.- Cáritas Española aprobou liberar unha partida de 167.700,50 euros procedentes dos seus fondos de emerxencia para responder á petición especial de axuda lanzada por Cáritas Peruana para financiar un plan de emerxencia en auxilio das familias afectadas polas graves inundacións que afectaron nos últimos meses a diversas zonas do país.

Esta operación, que conta cun orzamento total de 335.401 euros, servirá para garantir durante tres meses o suministro de axuda básica de emerxencia a 14.300 damnificados. Entre as accións previstas inclúense o apoio alimentario e nutricional ós afectados, así como distribución de materiais de refuxio, abrigo e artígos non alimentarios; suministro de auga e produtos de hixiene; atención sanitaria; e fortalecemento de capacidades de resposta e rehabilitación.

As familias identificadas por Cáritas Perú pertencen a comunidades en situación de extrema pobreza, que non son atendidas de forma adecuada polas institucións do Goberno.

As chuvias torrenciai iniciaronse en novembro de 2010 e afectaron a diversas rexións do centro e sur de Perú. Durante os meses de xaneiro e febreiro as chuvias intensificaronse e provocaron inundacións en 23 rexións do país, principalmente na serra e selva. Ata o momento, 10 destas rexions declararon o estado de emerxencia.

EMERXENCIA EN LIBIA

Cáritas. 31 de marzo de 2011. A rede Cáritas puxo en macha un plan urxente de resposta á grave crise de refuxiados –inmigrantes subsaharianos na súa gran maioría- que está fuxindo en masa de Libia con motivo do grave conflito social que se vive no país.

Para elo, Cáritas Internationalis enviou xa dous equipos de resposta a emerxencias ás fronteiras con Egipto e Túnez para avaliar as necesidades dos refuxiados e determinar as prioridades da axuda de emerxencia que necesitan estas persoas. Nesta operación humanitaria están participando tamén, dende o interior dos seus propios países, as Cáritas nacionais de Níxer e Libia.

Segundo os datos aportados polas axencias de Nacións Unidas, máis de 100.000 persoas chegaron nos últimos días a Túnez e Exipto, e esperase que novos continxentes de refuxiados sigan chegando ás fronteiras libias en tanto continúe a situación de violencia neste país norteafricano.

 

0049-1892-67-2910520678
LA CAIXA 2100-2208-36-0200226905
BANESTO 0030-1001-36-0007659271
CAJA MADRID 2038-1028-18-6000969463
POPULAR 0075-0001-87-0606839209
SABADELL-ATLANTICO 0081-0216-78-0001308037
C.E.C.A 2000-0002-27-9100383010
BBVA 0182-2000-21-0201508705
BANCAJA 2077-1277-18-3100147851
CAM 2090-5513-07-0200187945
E NAS CONTAS DAS CARITAS DIOCESANAS
Campaña “CÁRITAS CO MAGREB” Cómo colaborar: Teléfono de donaciones: 902.33.99.99 www.caritas.es

EMERXENCIA CÁRITAS COSTA DE MARFIL

Un millón de desplazados e 150.000 refugiados

Cáritas. 30 de marzo de 2011.- Ante a escalada da violencia interna que se vive en Costa de Marfil, a Cáritas Marfileña tivo que ampliar de forma urxente o seu plan de axuda humanitaria ós desplazados, concebido inicialmente para 7.000 persoas, para poder atender a un total de 26.000 beneficiarios especialmente vulnerables.

Este programa de intervención humanitaria de Cáritas Costa de Marfil inclúe tamén actividades como a atención alimentaria a nenos desnutridos, servizos de saúde primaria en 3 poboados e en 6 centros de acollida de desplazados, así como campañas de vacunación ós niños de corta idade. Cáritas Española está estudiando ampliar a súa contribución inicial a este plan de emerxencia (que foi de 50.000 euros), con obxecto de apoiar os novos obxectivos do programa.

Ata o momento, tódalas iniciativas da comunidade internacional para atopar unha solución pacífica ó conflicto marfileño fracasaron. Na actualidade, estanse producindo enfrontamentos armados entre os partidarios de Alassame Ouattara, presidente electo tras as últimas eleccións de novembro pasado, e as forzas armadas que permanecen leais ó antiguo presidente, Laurent Gbagbo.

As últimas noticias sinalan que as cidades de Bondoukou (este), Duékoué (oeste) e Daloa (centro-oeste) están en mans das milicias de Ouattara, que anuncian novos ataques ás cidades próximas á costa con obxecto de conquistar o porto estratéxico de San Pedro, clave no abastecemento marítimo do país. Ademais, seguen os combates en varios barrios da capital económica, Abidján.

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela