Coñécenos

Cáritas diocesana é o organismo oficial da Igrexa na diócese de Santiago de Compostela para servir á acción caritativa e social, promovendo, coordinando e instrumentando a Comunicación Cristiá de Bens entre as comunidades eclesiais en tódalas súas formas, axudando á promoción humana e ao desenvolvemento integral das persoas, grupos e comunidades, colaborando naquellas accións que teñan este fin. Na súa condición de organismo da diócese está integrado na estrutura e na acción pastoral da mesma.

Cáritas diocesana foi erixida por Decreto do Cardeal Arzobispo de Santiago de Compostela o 6 de Novembro de 1965 e está inscrita co número 341/SE/C, no Rexistro de Entidades Relixiosas da Dirección Xeral de Asuntos Relixiosos do Ministerio de Xustiza. Asimesmo poderá rexistrarse en calquer outra das administracións, autonómica, local, etc., cando sexa necesario, para o desenvolvemento das súas actividades.

Cáritas diocesana –como ente autónomo– ten personalidade xurídica propia, tanto eclesiástica como civil, actúa con libre iniciativa e responsabilidade propia e goza de autonomía plena na administración e disposición dos seus bens e recursos -que constitúen un patrimonio separado e distinto do patrimonio da diócese e das outras persoas xurídicas públicas eclesiásticas-, dentro das marxes sinalados na lexislación canónica e nos seus Estatutos.

Cáritas diocesana representa a tódalas Cáritas parroquiais, interparroquiais e de zonas pastorais, ante calquier organismo ou entidade por carecer éstas de personalidade jurídica propia. Tamén representará ás asociacións e institucións de acción caritativa asociadas a Cáritas.

Cáritas diocesana de Santiago de Compostela é membro da Confederación de Cáritas Española. Se se constituíse Cáritas interdionseana da Provincia Eclesiástica de Santiagi de Compostela, Caritas diocesana poderá integrarse nela.

Os fins ou obxectivos de Cáritas diocesana son:

  • Conciencia e sensibilizar a comunidad cristiá e a sociedade en xeral no relacionado coa caridade e a xustiza.
  • Promover, animar e coordinar iniciativas de carácter asistencial, de promoción integral da personas e de denuncia profética.
  • Impulsa a creación e potenciación das Cáritas parroquiais, apoiar ás interparroquiais e ás de zona pastoral nesa mesma labor.
  • Manter o contacto e a colaboración coa Confederación de Cáritas Española e outras Cáritas diocesanas, especialmente as das diócesis de Galicia, así como con outras entidades benéficas e cos organismos civís que fora preciso, de ámbito nacional, autonómico, provincial ou municipal.
  • Promover a comunicación cristiá de bens e canalizar a axuda e a solidariedade de cara ás personas, grupos e pobos máis necesitados.
  • Cáritas debe perseguir tódolos seus fins mediante una axeitada planificación, á que Terán que adaptarse, na súa actuación e execución, os distintos ámbitos territorios de Cáritas na diócese.

Organización

O persoal de Cáritas estará composto por:

  • Membros voluntarios;
  • profesionais contratados de conformidade coa lexislación laboral;
  • socios, que colaboran económicamente de forma estable;
  • outras persoas (físicas ou xurídicas) que colaboran de forma esporádica

A presidencia efectiva de Cáritas diocesana correpóndelle ó Arcebispo da diócese, como máxima autoridade xerárquica. Toda actuación de Cáritas diocesana está sometida ó pastor e sucesor dos Apóstolos na Igrexa particular de Santiago de Compostela, ó que tamén lle corresponde a alta dirección desta. Por sí mesmo, ou polo seu Delegado/a, establecerá criterios de actuación e normas de acción que estime pertinentes para o bo funcionamento de Cáritas. A dirección executiva correspóndelle ó Director/a.

Cáritas diocesana rexerase polos seguintes órganos Colexiados: adoptarán os seus acordos por mayoría absoluta dos membros presentes, en primera votación, e mayoría simple, en segunda.

A Asamblea diocesana: reunirase con carácter ordinario cada dous anos. As súas función son:

  • Ratificar, se procede, a torna proposta, en orde alfabética, polo Consello diocesana, para Director/s de Cáritas diocesana, que debe ser considerada “in solidum”. En caso de non ser referendada esa terna pola Asamblea, o Director/a será nomeado directamente polo Arcebispo, que terá plena liberdade para elexir una persoa desa terna ou outra allea a ela.
  • Establecer criterios e orientacións prácticas polos que se rexerán programas e proxectos de Cáritas.
  • Recibir cumprida información sobre a xestión económica e financieira dende a última Asamblea; así como pronunciarse sobre as liñas fundamentais e directrices que deben conter os orzamentos e avaliar o proxecto que, no seu caso, presente o Consello diocesano.
  • Deliberar, por proposta do Consello diocesano, sobre as modificacións que se considere convinte introducir nos Estatutos. O mesmo Consello presentaráas ó Arcebispo para a súa aprobación, se procede.
  • Deliberar e facer propostas ó Arcebispo sobre calquera asunto non considerado nos Estatutos e que sexa coherente cos fins propios de Cáritas.
  • Avaliar a actividade desanvolvida polos departamentos diocesanos que se constitúan.

O Consello diocesano: os seus membros serán designados para un período prorrogable de catro anos. Reunirase con carácter ordinario una vez ó trimestre. As súas funcións son:\r\n

  • Presentar á Asamblea una terna de candidatos/as, ordeada alfabéticamente, para Director/a de Cáritas diocesana, salvoq ue o Arcebispo comunique a súa intención de facer o nomeamento “motu propio”.
  • Aprobar a contratación e cese do persoal profesional de Cáritas da diócese, dacordo coa lexislación vixente, actos que serán asinados polo Director/a diocesano. Esta función poderá ser delegada, para casos urxentes ou imprevistos, nunha mesa de cobntratción composta polo Director/a, o  Secretario/a Xeral e o Administrador/a, dando conta no Consello seguinte das contratacións efectuadas.
  • Concretar criterios, programas e proxectos dacrdo coas orientación establecidas pola Asamblea diocesana.
  • Administrar os recursos de Cáritas diocesana ó servizo da Comunicación Cristiá de Bens.
  • Aprobar nos seis primeros meses de cada ano a memoria, balance e liquidación dp prza,emyp de Cáritas diocesana correspondente ó exercicio anterior; aprobador o orzamento do exercicio seguinte antes de finalizar o primeiro trimestre do anos e presentar cada ano rendición detallada de contas ó Arcebispo.
  • Dispoñer dos fondos e realizar todo tyipo de actos de dominio e administración, podendo delegar esta función, para casos puntuais e concretos.
  • Tomar as decisións que se estimen necesarias para pro0mover as actividades de Cáritas diocesana, en consonancia cos criterios e orientacións establecidas pola Asamblea diocesana e o Arcebispo.
  • Propoñer á Asamblea diocesana os criterios para a distribución dos recursos ó servizo da Comunicación Cristiuá de Bens.
  • Levar a cabo, cando e ante quen proceda, o discernimento e actuación ante as situacións inxustas.
  • Estimular e aprobar a creación de Cáritas parroquias, interparroquiais e de zona pastoral, orientando e establecendo criterios de colaboración.
  • Resolver as propostas de asociación que presenten as Institucións de acción caritativa e promoción social, coa ratificación, se é o caso, por parte do Arcebispo da diócese.
  • Manter as relación e a necesaria coordinación cos organismos e entidades, tanto públicas como privadas.
  • Levar a cabo toda outra xestión que lle sexa encomendada pola Asamblea diocesana, conforme ós Estatutos.
  • As competencias que sobre baixa de membros de Cáritas lle atribúen os Estatutos
  • Establecer a Orde do día da Asamblea diocesana.
  • Acordar o cambio do domicilio social, que deberá ser aprobado polo Arcebispo
  • Autorizar a sinatura de convenios de colaboración con entidades eclesiásticas ou seculares.

A Comisión permanente: é o órgano de seguemenmto dos acordos do Consello diocesano de Cáritas e a encargada do seu cumprimento. Reunirase con carácter ordinario una vez ó mes. As súas funcións son:

  • Establecer a Orde do días das reunión do Consello diocesano. O Regulamento de Réxime interno poderá contemplar a posibilidade, se tódolos membros presentes do Consello diocesano están conformes, de incluir outros puntos na Orde do día.
  • Resolver os asuntos de carácter ordinario que se poidan presentar no funcionamento de Caritas diocesana, dando conta diso ó Consello diocesano.
  • Actuar como órgano executivo do Consello diocesano e preparar as súas reunións.
  • Establecer os criterios e o control do funcionamento coordinación interna do persoal e os servizos centrais de Cáritas diocesana.
  • Administrar o fondo operativo estable para empréstitos retornables
  • Todas aquelas outras funcións que lle sexan encomendadas ou delegadas polo Consello diocesano.

Unipersoais:

  • O Delegado/a epsicopal
  • O Director/a
  • O secretario/a Xeral
  • O Admisnitrador/a
  • Os/as Responsables de departamentos

En canto ó territorio diocesano, repártese en 1.070 comunidades parroquiais, de onde xurde o espírito do servizo da caridade, nestas parroquias, un total de 286 equipos compostos por aproximadamente 2300 voluntarios, decide asumilo de xeito máis responsable e organizado, é de ahí de donde nace unha Cáritas parroquial.

A agrupación de varias Cáritas parroquiais, que deciden aúnar esforzos e recursos, dá lugar ás denominadas Cáritas Interparroquiais, actualmente existentes na Coruña, Santiago, Carballo, Arousa, Ribadumia e Pontevedra.

Na coordinación xeral de todos estos equipos humanos atópase Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

Rede Nacional

A rede nacional de Cáritas está constituida por 68 Cáritas diocesanas, que ao seu tempo contan con máis de 5.800 Cáritas parroquiais. En toda esta estrutura, participan máis de 62.000 persoas, das que 58.000 son voluntarios.

Máis información www.caritas.es

Rede Internacional

Cáritas Europa foi creada en 1971 e está integrada por 48 organizacións que traballan en 44 países europeos. Cáritas Europa centra as súas actividades nas cuestións máis estreitamente relacionadas ca pobreza e a desigualdade social, así como sobre os temas de migración e asilo.

Máis información www.caritas-europa.org

Cáritas Internationalis é unha confederación de 162 organizacións católicas de asistencia, desenvolvemento e servizo social, que traballa na construcción dun mundo mellor para os pobres e oprimidos,  en máis de 200 países e territorios.

Máis información www.caritas.org

 

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela