Cronoloxía

1942/2015

No presente informe recollemos algúns feitos puntuais e significativos que se foron producindo en Cáritas en preto de tres cuartos de século. Damos especial importancia aos que fan referencia aos 50 anos de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela (1965/2015), pero tamén nos detemos en acontecementos que marcaron a historia da institución.

1942

Créase o Secretariado Nacional de Caridade, sendo o seu primeiro director nacional Jesús García Valcárcel

1951

Nace a Conferencia Internacional Católica da Caridade España.

1952

Organízanse as primeiras colonias infantís de Cáritas.

Sae á luz o primeiro número de Cáritas do Boletín Nacional de Caridade.

1955

Abre as súas portas a sede de Cáritas Santiago, que se sitúa na Rúa Preguntoiro, 6 e 8

1956

A mesa directiva da Cáritas Diocesana de Santiago, inaugura unha nova sede sitúa dá na  Rúa do Vilar.

Constitución de Cáritas Territorial da Coruña

1957

Celébrase a I Asemblea  Diocesana de Cáritas

Preséntase o regulamento de funcionamento para as Cáritas Parroquiais da diócese.

1958

Abre as súas portas no paseo central da alameda de Santiago, a Tómbola de Caridade

Constitúese o Fondo Nacional de Caridade.

Publícase o primeiro número de revístaa Documentación Social.

Créanse as Escolas de Asistentes Sociais

1959

Créase a Sección Social de Cáritas Santiago con varias ramas de traballo: estudo, centro social, montepíos, asesoría xurídica e asistencia á infancia.

Organízase o primeiro campamento estival para nenos da zona de Santiago, a través de Colonias de Verán, promovido por mozos de Acción Católica

Santiago foi a sede da XIV Asemblea Nacional de Caridade

Celébrase por primeira vez o Día Nacional de Caridade.

Cáritas inaugura os seus primeiros Centros Sociais. Créanse as Seccións de Asistencia Hospitalaria, Asistencia a Presos e Asistencia a Anciáns.

1960

Publícase A Folla de Caridade, medio de expresión de Cáritas, co título “Cáritas na Rúa”, presentándose o seu primeiro número

A Conferencia de Metropolitanos aproba os Estatutos de Cáritas. Celébrase o primeiro Día do Amor Fraterno.

1961

Constitúese a Cáritas Parroquial de Carballo

A Comisión Episcopal de Caridade aproba o Regulamento de Cáritas Nacional e uns modelos de regulamentos para as Cáritas Diocesanas e Parroquiais.

1964

Conclúe a elaboración do Plan CCB e Cáritas aposta pola promoción social integral mediante accións como a creación e  promoción de cooperativas, servizos de orientación xurídico-laboral, iniciativas de agrupación de familias en economatos e cooperativas de consumo, e campañas de capacitación de emigrantes e de adaptación e integración de inmigrantes.

1965

Decreto asinado por monseñor Fernando Quiroga Palacios, cardeal arcebispo de Santiago, de creación e entrada en funcionamento de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

Cáritas crea a Fundación Fomento de Estudos e Sociología Aplicada(FOESSA).No seu primeiro Informe sobre a pobreza desvela a existencia en España de sete millóns de pobres,

1967

A Conferencia Episcopal aproba os novos Estatutos de Cáritas, que a dotan da súa actual estrutura confederal.

1969

Cáritas Santiago organiza o primeiro Campamento de Verán para nenos en Arnela (Porto do Son)

1972

Relanza as súas actividades Cáritas Parroquial de Carballo con novo equipo

Ponse en práctica programas de Acción Comunitaria

1973

Entra en funcionamento a Gardaría Infantil  de La Seca (Dálmatas), de Cáritas Interparroquial de Pontevedra

1974

Comezan a editarse a revista “Corintios XIII”, especializada en teoloxía e pastoral da caridade, e o Boletín de Animación Comunitaria.

1976

Cáritas Interparroquial da Coruña dispón de novos locais para a instalación da súa sede central.

Celébranse as I Xornadas de Teoloxía da Caridade.

1978

Organízanse campañas con motivo do Ano Internacional do Neno.

1979

Constitución de Cáritas Interparroquial de Arousa

1980

Entra en funcionamento na Coruña a Residencia de Anciáns Fogar 80

Constitúese Cáritas Parroquial de Riveira

Cáritas inicia a realización dun novo estudo sociolóxico, que concluirá en 1983, no que se confirma a existencia en España de oito millóns de pobres.

1981

Constitución de Cáritas Inteparroquial de Bergantiños

1982

Apróbanse as primeiras normas do Fondo Interdiocesano, creado para potenciar o compromiso, a responsabilidade e a solidariedade das comunidades cristiás.

1985

O Centro Fogar de Anciáns Boandanza, de Cáritas Interparroquial da Coruña, comeza a prestar servizo.

Cáritas Interparroquial da Coruña inicia o servicio de axuda a domicilio

1987

O arcebispo de Santiago, monseñor Antonio María Rouco Varela ,asina o decreto de aprobación dos  Estatutos de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

1990

Inaugúrase o Comedor  Social para persoas sen recursos dependente de Cáritas Interparroquial de Arousa

Entra en funcionamento a Casa de Acollida para mulleres maltratadas Santa  Teresa, de Cáritas Interparroquial de Pontevedra.

Abre as súas portas o Centro Vagalume para atender a mulleres maltratadas , e que traballan na prostitución, dependente de Cáritas Diocesana

1991

Inicia o seu servizo o Roupeiro de Cáritas Interparroquial de Arousa

1992

Comeza a recibir a transeúntes o Albergue San Javier en Pontevedra, de Cáritas Interparroquial

Pónse en marcha o Programa de Emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago

1993

Nace o documento “A Caridade na vida da Igrexa”, dirixido a coordinar a acción sociocaritativa de todas as entidades da Igrexa.

1994

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela trasládase á súa nova sede en San Francisco 40

Comeza as súas actividades o Centro de Traballo e Cultura de Cáritas Interparroquial de Santiago

1995

FOESSA publica “A Cana e o Peixe”, primeiro estudo que se realiza en España sobre os Salarios Sociais nas Comunidades Autónomas.

1996

Cáritas Diocesana, a través da Interparroquial de Santiago, inaugura as Xornadas de Solidariedade cos Parados.

1997

Cáritas conmemora o seu 50 Aniversario, e organiza o Simposio sobre “Políticas Sociais contra a Exclusión Social”.

2001

Inicia as súas actividades o Centro Abeiro de axuda a familias monoparentais

2002

Piso tutelado para albergar a mulleres, dependente de Cáritas Interparroquial de Pontevedra

2003

Inaugúrase o Centro de Día Sagrada Familia da Coruña

Entra en funcionamento o Centro de Formación Violetas de Cáritas Interparroquial da Coruña

2004

Piso de acollida de inmigrantes de Cáritas Interparroquial de Pontevedra

Entra en funcionamento o Centro de Día para mulleres que exercen a prostitución, e que está coordinado por Cáritas Interparroquial de Pontevedra

2005

Coa finalidade de atender a drogodependentes e persoas sen fogar, abre as súas portas o Centro Vieiro de Santiago, integrado na Interparroquial

Inaugúrase a Casa de Acollida de San Cibran en Arousa

Preséntase a primeira edición de Cariarte, exposición colectica  en favor de Cáritas de Arousa

2006

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela estrea nova sede situada en Carreira do Conde,  14

Comeza os seus traballos o Comedor como unha seda de Cáritas Intarparroquial de Arousa

Inícianse os traballos no Centro Agrario de Arousa

Disponse dun piso que se destina como residencia ocasional dos reclusos que dispón de permiso penal. A entrada en funcionamento faise conxuntamente entre Pastoral Penal e Cáritas Diocesana.

Abre as súas portas o Centro de Día Fogar de Bergantiños, de Cáritas Interparroquial de Bergantiños

2007

Monseñor Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago, asina o decreto de aprobación, dos Novos Estatutos  de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

Comeza a funcionar o Comedor como unha seda de Bergantiños

Bendición das instalacións do Fogar de Bergantiños, por parte de monseñor Barrio

2008

Comeza a atender aos necesitados o Comedor Social de Cáritas Interparroquial de Bergantiños

2009

Entra en funcionamento do Centro de Día Fogar de Bargatiños

Inicia a súa actividade o Comedor Social  da Coruña, dependente de Cáritas Interparroquial e situado  no Centro Boanzada

2010

O programa Carballo de Arriba, que logo paso a denominarse O Samaritano, púxose en marcha para  atender a familias marxinais na zona de Carballo.

2011

Pecha as súas portas a Gardería Infantil Dálmatas de Pontevedra

2012

Cáritas Interparroquial da Coruña pecha o servizo de axuda a domicilio, que a partir de agora desenvolve, por adxudicación, unha nova empresa

Entra en funcionamento o Albergue para Transeúntes en Carballo

2013

I Encuento de Pastoral Penitencia en Galicia  organizado por Cáritas

Pecha as súas portas o Fogar de Anciáns  Boanzada, sendo cedidos os locais ao Concello da Coruña nos que instalará un centro  cívico e de día .

2014

Inicia as súas actividades a Escola de Formación de Cáritas Diocesana de Santiago para axentes e voluntarios

Inaugura as súas novas e modernas instalacións o Roupeiro de Cáritas Interparroquial de Arousa

2015

Abre as súas portas a Casa Fogar Doa Basilisa de Carballo, para atender a mulleres

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela