Noticia

05 May

Cáritas advirte de que o paro muda o perfil do excluído en Galiza Cáritas advirte de que o paro muda o perfil do excluído en Galiza

REDACCIÓN . SANTIAGO\r\nGalicia Hoxe

\r\n

As axudas asistenciais prestadas por Cáritas Interparroquial de Santiago -alimentos, ao aluguer, roupa ou subministracións- aumentaron un 50 por cento no último ano, un período no que o programa de emprego da asociación atendeu máis de catrocentas novas persoas en situación de necesidade na cidade.

\r\n

Cáritas Interparroquial de Santiago alertou onte pola mañá de que o incremento do paro está aumentando o número de persoas en situación de exclusión social na comunidade e cambiando o perfil de quen acoden a eles pedindo axuda. Segundo as cifras que manexan, en Galiza hai 580.000 persoas en situación de pobreza (con ingresos inferiores a 7.000 euros anuais), 60.000 en situación de pobreza severa (ingresos inferiores a 1.000 euros anuais) e preto de 4.000 persoas sen teito. A maioría seguen sendo mulleres. Respecto diso, a asociación asegura que a situación de desemprego crecente e prolongada no tempo está provocando un «forte» incremento das persoas que están en proceso de exclusión social. Así, estas persoas, tras perder o seu traballo e con escasas posibilidades de acceder a outro, ven fortemente diminuídos os seus ingresos familiares, enfróntanse ao risco de perder a súa vivenda habitual (en réxime de aluguer ou hipotecada) e entran en dinámicas de dependencia de axudas sociais.

\r\n

A maioría dos que acoden a Cáritas seguen sendo mulleres inmigrantes ou emigrantes retornadas, de máis de 35 anos e con pouca formacion e experiencia laboral. Con todo, a entidade notou un aumento «importante», en termos porcentuais, do número de homes que acoden a eles. O voceiro de Cáritas en Santiago, Miguel Fernández, afirma que «agora os homes veñen máis, acoden a chamar por teléfono ou ver ofertas de traballo nos xornais».

\r\n

Cáritas aposta polos itinerarios de inserción e integración sociolaboral como forma máis adecuada para intentar atallar este problema crecente. Estes itinerarios, que levan pondo en marcha desde hai anos, consisten en formación básica e ocupacional, prácticas en empresas, titorización na procura de emprego por conta propia ou allea e un seguimento posterior.

\r\n

LOGROS

\r\n

130 insercións laborais nun ano

\r\n

En 2010, e só en Santiago, Cáritas conseguiu con este método 130 insercións laborais, unha cifra que, segundo Fernández, «parece nada pero para nós é un éxito terríbel». Tamén destaca as 45 accións formativas que levaron a cabo o ano pasado. «Se non hai posibilidade de traballar, polo menos que estean formados», opina; «estar meses e meses sen facer nada é o que leva á exclusión social».

Artículos Relacionados