Faite Voluntario

Se crees que outro mundo é posible, e cada día máis necesario, podes ser voluntario nun equipo parroquial, nun centro, nun programa, con nenos, con persoas maiores, con inmigrantes, porque…

  • Ser voluntario é ser unha persoa que, de forma libre e responsable, opta por dedicar parte do seu tempo libre, de maneira altruísta, solidaria e responsable, traballando en equipo para crear un mundo máis xusto.
  • É unha persoa que asume a acción voluntaria como vocación persoal e comunitaria de participación social, de servizo gratuíto aos demais, especialmente aos que máis sofren, e de compromiso sostido pola transformación da sociedade.
  • Unha persoa sensibilizada cara ao social, que vive a caridade como algo inseparable da xustiza, valorando ao outro como un fin.
  • Unha persoa que sabe acoller ao outro desde a liberdade e o respeto.
  • Unha persoa que coñece a identidade da súa acción voluntaria dentro da Doutrina Social da Igrexa.
  • Unha persoa de acción educativa e promotora do cambio social.
  • Unha persoa capaz de motivarse para facer no outro: asistencia – promoción – transformación.

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.Área de Voluntariado

2017 | Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela