Encontro da Pastoral Penitenciaria en Galicia
Se falou de que se debe apostar pola inserción social dos reclusos e a humanización das penas
Con os obxectivos de reforzar a comuñón entre os equipos das dioceses galegas, ofrecer unha formación ó voluntariado, e crear sensibilidade social cara a realidade escondida do mundo penitenciario, celebrouse a Xornada de encontro das Penitenciarias das dioceses galegas.O encontro foi aberto polo arcebispo de Santiago,monseñor Francisco José Prieto, e contou coa presenza de monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol.
O tema central, a prisonización, foi exposto por José Luis Segovia, avogado e sacerdote da diocese de Madrid, e profesor do Instituto Pastoral da Pontificia de Salamanca. Falou da progresiva destrucción da personalidade provocada polo illamento social das longas estadías en prisión, así como a problemática da enfermidade mental dentro da prisión, moitas veces causa do delicto, e presente por desgracia en proporcións desorbitadas entre a poboación reclusa. O relator propugnou un verdadeiro cambio de paradigma no que se aposte pola inserción social dos reclusos, a humanización das penas, e o fincapé no tratamento personalizado.
Na xornada participaron voluntarios, capeláns, delegadas, funcionarios, internos e internas dos centros penitenciarios, e persoas próximas ó ámbito penitenciario de varias entidades sociais como Cáritas.