Noticia

08 Mar

AS ORGANIZACIONS INTEGRADAS NA ITD DENUNCIAN A DESIGUALDADE QUE SOFREN AS MULLERES

Vixilia para dar a coñecer un manifiesto revincativo : “Por ti, polo meu traballo decente”

Nos transcurso  dunha vixilia celebrada en Santiago e A Coruña, en dependencias dos colexios da Compañía de Maria, as organizacións que forman parte da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD), denunciaron  a situación de desigualdade que continúan sufrindo as mulleres, “hoxe máis que nunca reclamamos un traballo que supoña que mulleres e homes traballamos en igualdade, dignidade, liberdade e seguridade”.

No manifesto que fixeron público, titulado “Por ti, polo meu traballo decente”,sinalan que “as mulleres están máis golpeadas polo desemprego, a brecha salarial, a temporalidade, a parcialidade, e a súa participación na toma de decisións das empresas segue sendo inferior”. Se insiste en que  é necesario “reflexionemos sobre a necesidade de recoñecer e redistribuír equitativamente a carga dos coidados. Reclamamos políticas que apoien a conciliación laboral e medidas que fomenten a igualdade no fogar e no traballo”.

Ben común

Noutro aparatado do documento constatan que “cando as mulleres teñen igualdade de acceso e oportunidades no ámbito laboral, non só as beneficia a elas individualmente, senón que tamén contribúe ao benestar xeral da sociedade”.

Fan finacapé en que os estudos demostran que a diversidade no lugar de traballo non só é ética, senón tamén economicamente rendible. “As empresas e organizacións con liderado diverso- sinalan- tenden a ser máis innovadoras e resilientes. Polo tanto, esiximos investir na igualdade como acto de xustiza social e estratexia intelixente para promover o ben”.  

Para as organizacions a brecha salarial segue sendo un claro expoñente de desigualdade: situándose no 18,7%.

A importancia da Educación

Denuncian que na educación tamén existe a brecha de xénero. As mulleres adoitan estar vinculadas a estudos académicos ou formación relacionada cos coidados, como son a enfermería, o apoio doméstico, a limpeza, a educación”. Ademais as mulleres que se atopan en ámbitos lóxicos “en moitas ocasións teñen que demostrar que son persoas válidas e que merecen estar aí”. Por iso reclaman que se fomenten as capacidades de cada persoa, o acceso igualitario a unha educación de calidade, desde a educación primaria ata a formación profesional e universitaria, sen importar o xénero, como paso crítico para romper os ciclos de pobreza e desigualdade. Para lograr avances significativos, “é esencial que os gobernos, as empresas e a sociedade colaboren na posta a punto de políticas e prácticas que promovan a igualdade. Só entón poderemos alcanzar un futuro onde cada muller, sen importar a súa orixe ou circunstancias, teña a oportunidade de desenvolverse plenamente e contribuír ao ben común”, mencionan noutro momento.

O papel da muller na  Igrexa

ITD súmase á reivindicación dun grupo cada vez máis numeroso de mulleres cristiás, que desde o movemento “Revolta de Mulleres na Igrexa” veñen esixindo cambios profundos: «Nós non é que sexamos mulleres que se foron da Igrexa, non, non. Somos mulleres cun compromiso activo dentro dela, pero reivindicamos ter voz e voto nas estruturas da Igrexa e incrementar a participación na toma de decisións», demandan.