Noticia

21 Ene

O ARCEBISPO PRESIDIU A PRIMEIRA REUNIÓN EXECUTIVA DE CÁRITAS DIOCESANA

Á fronte da institución figuran Santiago Fernández González (delegado episcopal) e Pilar Farjas Abadía (directora)

 Presentado o novo equipo directivo e as liñas estratéxicas de actuación

O Consello de Cáritas Diocesana coñeceu as liñas estratexias de actuación, así como a composición do novo equipo directivo no relativo aos responsables dos distintos departamentos. A sesión de traballo, primeira anual e con carácter extraordinario, foi presidida por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago. Na súa intervención o prelado agradeceu o traballo desenvolvido polos axentes da entidade, así como o labor levado a cabo polo equipo saínte durante máis dunha década.

O delegado episcopal, Santiago Fernández González, foi o encargado da oración de entrada lembrando nas súas palabras que “o amor é o ADN da fe cristiá .Nosa identidade común atópase na experiencia do amor de Deus”. Insistiu en que “o que nos impulsa a acudir en axuda do outro non é o que teñamos en común con él, senón o amor o Deus que cada un experimentamos en nosa propia vida”.

Nova etapa

O arcebispo agradeceu ao equipo saínte encabezado por Jesús García Vázquez e José Anuncio Mouriño Rañó, delegado e director, respectivamente, o traballo levado a cabo durante máis de trece anos. Animou ao novo equipo a seguir traballando para axudar ás persoas máis desfavorecidas. Indicou que a misión, o labor, está sempre centrada na persoa. Constatou que “Cáritas é o rostro do amor de Deus”, para acoller e axudar aos que máis o precisan, puntualizou.

Departamentos

Pilar Farjas Abadía na súa condición de directora sinalou que se trataba dun traballo de continuidade , pero marcando de forma moi definida as liñas de actuación que terán tres eixos fundamentais : a solidariedade e axuda aos que están máis sós (maiores e nenos) e a integración social; a vivenda, e a atención primaria .Insistiu nas novas pobrezas que se están producindo nos últimos tempos Seguidamente presentou ao novo equipo directivo e por departamentos que quedou constituído do modo seguinte: Josefina Monteagudo Romeu ( Secretaria Xeral),María Eugenia Lado Lema( Recursos Humanos),Ángel Dorrego Leal (Recursos Económicos),María Enriqueta Rivas Lombardero (Economía Social e Formación Socio-Laboral), Íñigo Arranz Roia(Programas de Atención Social), Javier García Sánchez ( Comunicación),Antonio González Cid (Orientación Xurídica), e María Fe Rodríguez López (Persoas Privadas de Liberdade)

O Consello aprobou a concesión de poderes á directora diocesana, así como a representación na cooperativa de Moda-r. Informouse o nomeamento de José María Martín Casares, como novo director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, e de David Álvarez Rodríguez como consiliario de Cáritas Interparroquial de Arousa.

Un mundo máis humano

“Cáritas deume máis a min que eu a Cáritas?, sinalou Jesús García Vázquez, até agora delegado episcopal, que agradeceu a todo o mundo a súa axuda para levar a cabo a misión que se lle encomendou. “Entre todos temos que seguir traballando por un mundo máis humano e mellor”.

O que foi director diocesano, José Anuncio Mouriño Rañó mencionou que “fixemos o que tiñamos que facer”, e agradeceu aos distintos equipos que dirixiu a misión que levaron a cabo.

Monseñor Prieto Fernández clausurou o Consello animando aos axentes de Cáritas a seguir traballando para conseguir os mellores logros en favor das persoas necesitadas.