Noticia

06 Mar

VIXILIA NO DÍA INTERNACINAL DA MULLER

Farán público un Manifesto nos actos convocados por ITD para mañá xoves e que se celebran en Santiago e A Coruña

Para conmemora o Día Internacional da Muller, as organizacións que forman parte da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD),  convocan para mañá, xoves día 8 de marzo,  unha Vixilia que se vai celebrar as sete da tarde nas dependencias dos colexios da Compañía de María en Santiago( Rúa da Ensinanza)  e A Coruña( Avenida de Calvo Sotelo).Estas organiuzacions denuncian  a situación de desigualdade que continúan sufrindo as mulleres e hoxe máis que nunca reclamamos un traballo que supoña que mulleres e homes traballamos en igualdade, dignidade, liberdade e seguridade: “Por ti, polo meu traballo decente”.

Consideran que “as mulleres están máis golpeadas polo desemprego, a brecha salarial, a temporalidade, a parcialidade, e a súa participación na toma de decisións das empresas segue sendo inferior”. Insisten en que  a data do 8 de marzo “ é un recordatorio constante da loita incansable das mulleres pola igualdade, a xustiza e o recoñecemento en todos os ámbitos. Un aspecto fundamental é o papel nos coidados que tradicionalmente lles foi asignado ás mulleres e que segue sen valorarse nin recoñecerse”.